Novo e espectacular fungo nas antípodas!


Belísimo, case parece unha flor. O reino Fungui é unha caixa de sorpresas. E por se había algunha dúbida, aquí temos un novo e incriblemente fermoso cogomelo descuberto o pasado ano 2009 en Nova Caledonia (unha illa na polinesia francesa ó este de Australia). Esta illa, como moitas da zona, como Tasmania, posúe unha diversidade natural con un alto grao de endemismo (especies propias e específicas dos seus hábitats) e que proporciona continuas e novas aportacións ó coñecemento da biodiversidade do planeta. O Reino Fungui non é unha excepción. Para facernos unha idea do ritmo dos descobrementos, temos que darnos conta que das preto de 1000 especies de entolomas descritas ata o momento, en 2009 se citaron 24 en Nova Caledonia, incluindo nese número 11 novas especies. Actualmente existen xa 300 especies descritas endémicas desta illa.

Podoserpula miranda, así se chama a nova especie, foi descuberta por un equipo de investigadores francés do Laboratorio de Simbioses Tropicales, en colaboración co Museo de Historial Natural de París. É un fungo micorrízico, e se asocia con unha árbore, Arillastrum gummiferum, tamén endémica de Nova Caledonia.
Á esquerda, podedes facer click na imaxe para ampliala e disfrutar do espectáculo de varios exemplares xuntos en distinto grao de desenrolo.

Os carpóforos deste fungo teñen algunhas particularidades especiais, como xa haberedes observado:

  1. A súa coloración, o rosa; os pigmentos responsables de esta cor están pouco presentes no Reino Fungui, e menos ofrecéndonos uns tons tan vivos e rechamantes.
  2. A máis evidente, a súa morfoloxía. Estamos afeitos a atoparnos con curiosas malformacións no crecemento dos cogomelos que provocan que un medre sobre o sombreiro de outro. Curioso, máis non especialmente raro. Os sombreiros de Podoserpula miranda, ata seis, medran un enriba do outro con tamano decrecente é o redor dun mismo eixo, chegando acadar ata 10 cm de altura. Unha estructura cando menos orixinal, e que, supoñemos, servirá para dalgunha maneira para aumentar a eficiencia da dispersión de esporas, ainda que serán os científicos que as estudian quen nos terán que dar a resposta.
  3. Cheira a rábano e a súa carne ten unha textura fibroso algodonosa. Ainda que todavía se descoñece a súa comestibilidade, no se cree que sexa tóxica, xa que ningunha especie do seu xénero o é.
Haberá que estar atentos a novos descubrimentos dende as antípodas. De momento, vos deixamos con oitro destes novos fungos, co nome todavía provisional de Ileodictyon ganrnierii, e que lembra moito a Clathrus rubber. Na imaxe da esquerda podedes facer click para ver este cogomelo. Hoxe en Refungando, estamos que tiramos a casa pola ventana, dúas especies novas ó precio dunha. Non poderedes negar que é impresionante a beleza que nos chega dende o Pacífico. Non todo van ser eucaliptos.

Excursión a Nova Caledonia, XA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails