...o ultracoñecido e típico cogomelo de supermercado, Pleurotus ostreatus, inclue na súa dieta nemátodos (minúsculos vermes)? Pois así é amigos, que non só de madeira vive o fungo, e hai que darlle unha alegría ó micelio de cando en cando. Como sabedes, este fungo e parásito-saprófito, pero en presencia destes pequenos predadores, non dubida en sacar as súas armas e afilar o coitelo.
As hifas de P. Ostreatus son capaces desenvolver nestas condicións uns pequenos apéndices que segregan unha especie de gota, ou minúscula burbulla, que contén unha toxina (podedes ver claramente estas gotas e o micelio, na imaxe ó microscopio da dereita; click para ampliar). Ó moverse entre o micelio, os nemátodos intrusos rozan con estas gotas, que rompen e impregnan a pel do verme, penetrando a devandita toxina no seu corpo e paralizandoo en poucos segundos. Así é como ostreatus captura ás súas víctimas. Veleno, nin máis nin menos.
Unha vez o paralizado o nemátodo, o micelio produce unhas hifas que "buscan" ó paralizado e, unha vez localizado, penetran no seu corpo e a continuación é dixerido e absorbido dende dentro por esas mesmas hifas. Na imaxe da esquerda podedes ver outra imaxe microscópica dun nemátodo xa capturado e en proceso de dixestión. Se aprecian ben as hifas "buscadoras" que xa atoparon ó infeliz. Hai barrios polos que é millor non pasar.
Por suposto, P. ostreatus non é o único que se decanta por unha dieta variada e rica en proteinas. Existen outros xéneros, como Hohenbuehelia, que tamén capturan e consumen nemátodos. Pronto en Refungando falaremos dun xénero de fungos que contén sen dúbida ós cazadores e trampeiros máis inxeniosos do Reino Fungui. Pero esa é outra historia... Estade atentos!
P.D.: Nos vos vaiades a asustar e deixar de comer cogomelos de P. ostreatus pensando que ides quedar tesos diante do prato. Esta toxina só se produce no micelio!
Nota: Fotos de microscopía procedentes de "MycoAlbum CD-ROM: Introductory Mycology Laboratory Review"
Glb: iniciais de George L. Barron, autor das instantáneas
¿Sabías que...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario