O humor fúnxico de Davila: Pirómanos

Este verán está sendo, micolóxicamente falando, un auténtico lixo. Despois de tres ou catro anos de fabulosos periodos estivais (menos para os cazabronceados, claro), xa o ano pasado se notou un importante descenso na aparición de cogomelos de verán. Alá van aqueles fantásticos Boletus Pinophilus ou as Amanitas caesareas que a natureza nos regalaba xa dende xuño en anos anteriores. Non hai ningún misterio nesto (Iker, tranquilo!), os dous últimos veráns, este especiamente, viñeron ben escasos de chuvias e, sen humidade, os cogomelos quedan na casa.
O que ocorre e que cando se van os cogomelos aparece oitra especie nos nosos montes ben despreciable: os pirómanos. Por suposto que non se lles pode atribuir tódolos incendios que ocorren na nosa comunidade. Campistas despistados, labregos facendo queimas dos refugallos do campo, churrasqueiros de domingo... En todo caso non hai intencionalidade, se ben sí poucos miolos.

Pouco a pouco nos quedamos sen montes. Moito do queimado non se recuperará (desidia, intereses económicos, a inexistente e imposible relación de armonía entre os galegos e a súa terra...). Sempre nos queda mentar os mortos dos pirómanos que, sen eufemismos e palabras rimbombantes, son uns auténticos fillos da gran puta e merecen arder co monte que queiman.

Pero non vaiades apensar que nos deixamos levar pola desilusión do cheiro a madeira queimada e as cinsas que manchan a nosa pel. Nin ca boca negra fartos de barrantes. Dende Refungando temos en mente a creación dunha carballeira micorrizada en Ribeira como primeiro paso para recuperar, ainda que un cachiño sea, do monte que herdamos dos nosos devanceiros. Xa vos contaremos como vai indo a cousa que, por agora, marcha sobre rodas. Sempre se pode facer algo, sempre se poden remover conciencias e educar á unha sociedade que está ben lonxe dos problemas medioambientais que ten na súa propia casa: Galicia.

Esperamos que o amigo Davila vos arrancara unhas boas risas, porque estes montes de merda a nós non nos fan ningunha gracia.

Refunga. Loita. Pranta unha árbore.
-

8 comentarios:

  1. Ao fin, hoxe me levanto e... CHUVIA! Xa era hora.
    Seguide dando caña, alguén o ten que facer.

    ResponderEliminar
  2. Perdoa Rastafari, pero non había visto o teu comentario. A verdade e que HOXE si que chove, e chove ben a gusto. Así que, afilade a navalla, limpade a roña da lente da cámara, tirade as chanclas porque, amigos... acabouse o verán (tal e como o coñecemos hasta agora)!!

    E non te preocupes, temos corda para rato!!

    ResponderEliminar
  3. Pois eu tiña moitas esperanzas nestas anunciadas chuvias... pero choveu moi pouquiño, alo menos pola nosa zona, case nin chegou a mollar a terra. En fin, algo é algo...

    ResponderEliminar
  4. Pois por aquí choveu a gusto, e comezaron a sair algunhas cousiñas, pero de seguido caeu unha manta de calor que paqué!!

    A ver se remata dunha vez este noxento verán.

    ResponderEliminar
  5. Non o digas moi alto... que che poden ir ó lombo!!! A frase destes días é a de: -Acabouse o bo tempo! pero depende para quen... para os micófilos agora empeza o bo tempo...
    Aquí hoxe chove con ganas

    ResponderEliminar
  6. Non te preocupes, teño lombo para todos, je je je. Non poderán decir os chupabronceados que non tiveron praia abondo e a gusto. Agora e o noso turno, así é a vida!

    Ademáis teño un non sei que que me da a min que vai ser un outono chiripitifláutico para os afecionados á micoloxía. Are you ready?

    ResponderEliminar
  7. aiii!!! ogallá!!
    a que santo hai que levar os ovos??? e cantas ducias??
    Non puiden evitar a tentación e esta semana fixen dúas escapadiñas,...pero inda está todo moi parado... e hoxe volve quentar o sol!!
    Teño moito medo a un ano coma o do 2008... crucemos os dedos!!

    ResponderEliminar
  8. Pois aquí en Ribeira os vovos levámosllos a Santa Clara, que é a que se ocupa de chuvias os días de boda e demáis. Haberá que probar se nos fai algún favoriño se non anda moi ocupada cos casamentos.

    E ó final, ainda que sexa un ano malo, sempre hai algo que ver sabendo onde buscar e con un pouco de sorte. De feito, na próxima entrada, veredes o que xa apareceu por aquí con catro gotas que caeron...

    Saúdos!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails