Cando vos falamos das delicatessen cas que de cando en cando Pleurotus ostreatus se regalaba, pretendiamos que fose o primeiro de varios artigos que tratarían sobre os fungos predadores. Hoxe imos continuar tema e coñecer oitro fungo (¿xa extinto?) que se especializou hay millóns de anos na captura de nemátodos. En decembro de 2007 aparecía a noticia en National Ggeographic. Nunha canteira do sur de Francia aparecía atrapado nuha cela de ámbar un pequeno nemátodo xunto cunha estructura filamentosa que formaba pequenos aneis: tratábase do micelio dun fungo (fotografía superior). Segundo Alexander Schmidt, xefe do equipo do Museo de Historia Natural de Berlín responsable do descobremento, este micelio pertencía a un fungo predador que utilizaba os seus pegañentos aneis para atrapar e consumir os nemátodos que constituian as súa dieta.
Ainda que no interior do ámbar non aparece ningún nemátodo atrapado nos aneis que confirme a utilidade destos coma trampa, a existencia hoxe en día de especies de fungos que utilizan a mesma técnica, a presencia de nemátodos no ambar e o diámetro coincidente dos aneis, suxire que xa fai a frioleira de 145 millóns de anos, algúns fungos habíanse especializado como trampeiros de vermes. Estamos a falar do Cretácico, cando ainda nin paxaros nin prantas con flores habían sequera asomado o fuciño na Terra. A importancia deste hachado radica en que anteriormente o fungo nematófago máis antigo atopado ata ese momento tiña uns 15-20 millóns de anos, co que se espera que este fungo nos axude a comprender millor a evolución destas especies.
Pero, ¿existe algún fungo que hoxe en día empregue aneis para cazar as súas presas? A resposta é si. A modo de rede de pescar, o micelio de Arthrobotrys oligospora, atrapa ás suas presas nos aneis pegañentos que forma o seu micelio. É o fungo nematófago mái extendido e estudiado hoxe en día. Encádrase dentro dos chamados fungos inferiores, que non producen carpóforos (cogomelos, vamos) e pertence á clase dos Deuteromicetos. Falaremos máis en profundidade destos fungos nun futuro artigo, no que ademáis coñeceremos algún que oitro membro máis do xénero Arthrobotrys. Pero teredes que esperar. Polo de pronto podedes ver na imaxe da esquerda un nemátodo atrapado por este fungo visto ó microscopio (imaxes obtidas de Myco Album CD, de George Barrow).
Entón... ¿era o fungo preso no ámbar un oligospora ou algún ancestro da especie? Pois nin o un nin o outro. Según Phillip Jacobs, experto mundial en fungos nemátodos, o fósil atopado non pode asignarse a ninguna especie de fungo predador existente hoxe en día. Ó longo da historia da evolución varias especies de fungos alcanzaron á mesma solución para obter alimento: as trampas con aneis. Os aneis do fungo en ambar están formados por unha única célula alongada, mentres que os modernos trampistas do Reino fungui forman os seus aneis con tres células, o que indicaría que pertencen a ramas evolutivas distintas.
Como vedes, e non nos cansamos de repetir, o Reino fungui nunca deixa de sorpendernos. Se pensades que son inxeniosas as "tácticas" de Pleurotus ostreatus (toxinas paralizantes) e Arthrobotrys oligospora (aneis pegañentos), esperade ó próximo artigo no que falaremos dunha fascinante especie tamén do xénero Arthrobotrys que riza o rizo. Pero non adiantemos acontecementos. Ata entón, refunga, amigo micófilo.
Fungos de hai millóns de anos chegan ata nós atrapados en ámbar
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario