Guía de cogomelos dunares, novo libro de José Manuel Castro Marcote

Xa podedes apuntar oitro imprescindible da micoloxía para as vosas bibliotecas. A semana que ven xa estará nas librerías o novo libro do micólogo de Cee e coautor de Cogomelos de Galicia, José Manuel Castro Marcote, a quen este ano tamén temos a sorte de ter connosco en Ribeira precisamente para falarnos destes cogomelos, grandes descoñecidos dun dos hábitas menos visitados polos afecionados e tan abundante en Galicia.

Froito de 10 anos de trabllos percorrendo os ecosistemas litorales da nosa terra nos chega ahora este traballo despois de facer máis kilómetros que Marco buscando á súa nai polas nosas costas catalogando, recollendo e estudando os exemplares que se nos presentan na guía.

A obra, que salirá editada en galego e castelán, consta dunha introducción, ca descripción dun sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes e as estratexias de adaptación destes fungos a un medio tan hostil. A continuación chega a parte descriptiva, con 80 fichas con macro e microfotografías a toda cor e observacións de tódalas especies.

E tempo de noraboa, como sempre que aparecen estudios e publicacións que contribuen a un millor coñecemento da riqueza micolóxica dos nosos montes (e praias, haberá que dicir a partir de agora...). Saudemos pois unha obra única e interesante pola súa temática que debería ter xa un sitio entre os nosos mauais. Si ou tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails