16 de Outubro:"Cogomelos en Ecosistemas Dunares", conferencia a cargo de José M. Castro Marcote en Ribeira que NON te podes perder

Como aperitivo ás xornadas micolóxicas que a Asociación Micolóxica Refungando organiza en colaboración ca Asociación Cultural Altofalante, que se celebrarán os días 6 e 7 de Novembro, José Manuel Castro Marcote, coautor do libro "Cogomelos de Galicia", se deixará caer por Ribeira este próximo sábado 16 de Outubro.

Seguro que moitos de vos tedes percorrido carballeiras, piñeirais, soutos, ribeiras de ríos, prados... pero, ¿cantos de vos percorrestes a liña da costa entre dunas á procura de cogomelos? Neste ecosistema que a priori nos pode parecer hostil para os fungos, se desenvolven sen problema unha ampla variedade de cogomelos que, polo seu especial hábitat, raramente poderemos contemplar. Da man de José M. Castro Marcote, coñeceremos as especies dunares galegas máis comúns e logo da charla sairemos á súa procura, unha experiencie á que dende Refungando vos invitamos a todos a compartir con nós.

A charla será ás 11 da mañá no edificio do CIELGA, no entorno da praia do Vilar, aquí en Ribeira, dentro do marco incomparable do Parque Natural de Corrubedo.

A continuación vos deixamos un mapa para que vexades o sitio exacto.O acto celebrarase no edificio no centro do mapa pegado á carretera que fai un "lazo", o CIELGA.

Non volo podedes perder micófilos do mundo enteiro, ¡esperámosvos!



Ver mapa más grande

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails