Da man de Conchi Zúñiga, socia da Xuntanza de Micólogos "Os Cogordos" de Ourense, nos chega este blog dedicado exclusivamente á vertente gastronómico-lúdica da micoloxía. A autora, que se define a sí mesma como cociñeira non experta, nos regala nembargantes con unha colección de receitas que son para quita-lo hipo e facer traballar as gándulas saliváis a full speed. Valla como mostra e botón a imaxe que abre este artigo dun prato de Osobuco á cervexa con cogomelos (neste caso, con Cantharellus tubaeformis). ¿Quén se apunta a rebañar o prato con un bo cacho de pan de Cea? Pra dicirlle que non...
Así que xa sabedes, se queredes aprender novas, orixináis e suculentas formas de preparar cogomelos, este é o voso blog e Conchi a vosa Arguiñana: Cocinando Setas. Micograstronomía para todos, deliciosos pratos para quen se anime a preparalos.
"Cocinando Setas": Un novo blog para bucear a gusto na micogastronomía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moitas grazas polas túas palabras.
ResponderEliminarAnos levo metida na cociña dos cogomelos, algunha charliña din por ahí sobre o tema. Agora, decidín lanzar ao mundo todo o material acumulado durante anos.
Espero que me visitedes e o disfrutedes.
Biquiños