Logo da chea de intoxicacións que vivimos o ano pasado (e as que virán o que ven, lembrade isto), non está de máis concienciar un pouco á xente da perigosidade desta actividade. ¿E qué millor que unha viñeta do amigo Davila para tales menesteres? Amigos micófagos, non sexades larpeiros, aplicade a dúbida cartesiana ás vosas recollidas e, en caso da máis mínima vacilación, consoládevos con un bocadillo de chourizo. Ese non falla, seguro.
O humor fúnxico de Davila: Riscos micolóxicos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario