Unha de Gasterales: Pisolithus Arhizus

Sinónimo: Pisolithus Tinctorus

"Menudo enxendro!", estaredes pensando. Bueno, está claro que unha das características de este cogomelo non é a beleza das súas formas e cores. Que lle imos facer. Nestas datas é frecuente atoparse con algún deles e dende Refungando volo achegamos á vosa casa. Pisolithus Arhizus pertence ós gasterales, un grupo de cogomelos sen lamelas e de formas moi variadas (esféricas, estreladas, falales...) que engloba tamén ós coñecidos popularmente como "peidos de lobo". Se ben a maioría dos gasterales son sapófritos, neste caso o fungo micorriza con pinos e eucaliptos entre oitros; de feito está a ser utilizado para "inocular" plantacións de piñeiros debido a esta característica que, como vimos no video de Mr. Morgan, axuda a un maior e máis rápido crecemento na especie ca que establece a micorriza.

Ademáis, coñecendo este cogomelo aprenderemos novos conceptos, xa que os parámetros ós que estamos acostumado ó falar de cogomelos non son aplicables ós gasterales: pé, sombreiro ou lamelas non existen nestes curiosos cogomelos, así que habemos de ampliar o noso vocabulario para describilos apropiadamente como veremos na descripción máis abaixo.

Sen maís, se seguides con nós, imos a atacarlle á imprescindible descripción e desfrutar das imaxes deste curioso e fermoso, a o seu xeito, cogomelo...


DESCRIPCIÓN

Corpo Frutífero: 10-20 cm de altura. De forma moi variada, de novo globoso ou piriforme (con forma de pera, sen ser en "fino"), alongándose na madurez e tomando aspecto de columna ou simulando trozos de troncos deformes e retortos (na foto tedes un exemplo, un exemplar en plenitude, cando a parte superior ainda non comezou a "desintegrarse" excesivamente). Peridio (cando nos referimos ós gasterales, o peridio é a membrana que recobre a gleba, que é o corpo carnoso que contén as esporas do cogomelo) moi delgado, simple, seco, ao principio duro e despois fráxil, de cor café con leite ou ocrácea, ao madurar parda feluxenta e recuberto dunha capa de pó micelial.


Gleba:
Moi compartimentada e con aspecto areloado. Ao corte vense tres zonas superpostas ben diferenciadas, a inferior con peridios inmaturos de cor amarela xofre, a mediana máis grosa, seca e de cor marrón moura, e cara ao ápice vaise descompoñendo nunha masa pulverulenta de cor parda (na imaxe da esquerda podédelo ver perfectamente no corte transversal dun exemplar novo). O olor e sabor son manifestamente especiados e fortes.

Hábitat: En solos areosos, támaras, entulleiras e terrapléns. Individuos illados (maiormente) ou pequenos grupos. É moi frecuente de atopar nos nosos montes, aquí, na Novena, e en toda Galicia, inda que é fácil que nos pase desapercibida polo seu aspecto.

Observacións: dende antigo se leva utilizando como tinte natural de tons marrón-ocre. Na cociña úsase tamén como colorante e "especia" de salsas e guisos cando é novo.
Cando é moi novo como na fotografía da dereita (a súa morfoloxía é moi cambiante ó longo do seu ciclo de vida), pódese confundir con outros membros dos gasterales coma Scleroderma Citrinum ou Scleroderma Polyrhizum (dous tipos de "peido de lobo", denominación popular que engloba a un variado número de especies) .

4 comentarios:

  1. Non sabia eu que nos eucaliptos nacian setas.

    ResponderEliminar
  2. Pois vouche deixar unha páxina que fala precisamente de iso:

    http://www.cybertruffle.org.uk/eucafung/esp/index.htm

    Hai moitos fungos que conviven con esta praga, ainda que moitos menos que con oitras árbores, claro.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Ben,acabo de ler que a palloides micorriza nos eucaliptos,¿e certo eso?

    ResponderEliminar
  4. Pois iso parece. O certo é que Phalloides é unha especie moi adaptable á hora de asociarse a novas plantas e se atopa asociada a gran variedade das mesmas. Por iso é tan frecuente atopala por todos lados.

    Iso si, imprescindible recoñecela e coñecela MOI ben para evitar visitar a San Pedro antes de tempo.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails