Unha das celebracións micolóxicas de outono máis veteranas da xeografía galega se pon en marcha este 25 de outubro. A semán micolóxica de celanova, organizada pola Asociación de mulleres rurais Maravalla e a Oficina Agraria Comarcal de Celanova, nos trae este ano unha completa e variada colección de temáticas relacionadas como non, co mundo dos fungos. Cultivo de cogomelos, actualidade micolóxica galega, novos cogomelos galegos e a sorprendente ó tempo que xusta e necesaria actividade Micoloxía para xornalistas. Máis de un debería acudir presto para evitarnos dentro de pouco titulares que poñan en evidencia o vello dito de "oir campás e non saber onde". Titulares que veremos, por suposto.
Da man de Marisa Castro, Jaime Blanco, Carlos Suárez ou, como non, os artífices e parturientos na sombra destas xornadas, Ricardo e Alexandre Mínguez, este ano dende Celanova temos a oportunidade de aprender un moito sobre este esbaradizo, cambiante e sorprendente mundo dos fungos.
A continuación vos deixamos o programa detaiado para que vaiades facendo hocos na vosa axenda. Non para a divulgación na nosa comunidade, boa sinal, ¿non si?
PROGRAMA DAS XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DE CELANOVA (2010)
Día 25 de outubro, luns
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Experiencia de cultivo en Pontefechas, Celanova.
Ponente: Ricardo Mínguez Abajo.
Día 26 de outubro, martes
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal.
Ponente: Marisa Castro Cerceda.
Día 27 de outubro, mércores
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Novos cogomelos Galegos. Nomenclatura.
Ponente: Jaime Blanco Dios
Día 28 de outubro, xoves
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: 25 anos de cogomelos en Celanova e 25 bos comestibles
Ponente: Carlos Suárez Santalices.
Día 29 de outubro, venres
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Actualidade Micoloxica Galega. Nove ducias de cogomelos.
Ponente: Alejandro Mínguez González.
Día 30 de outubro, sábado
Saída ao campo para a recollida de exemplares.
Micoloxía para Xornalistas. (En colaboración con Flower Power)
Clasificación.
Degustación.
Día 31 de novembro, domingo
Exposición de exemplares reais e obxectos relacionados con cogomelos.
Horario da exposición: 11:30 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
Entrega de diplomas (Xunta de Galicia).
Colabora: Isabel Mociño González.
ORGANIZAN: Asociación de mulleres rurais Maravalla
Oficina Agraria Comarcal de Celanova
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de Cultura de Caixa Galicia de Celanova (Rúa Emilia Pardo Bazán)
CONTACTO:cogomelosdegalicia@gmail.com
E as xornadas de "refungando",¿pra cando?
ResponderEliminarTodo ó seu tempo. En Refungando imos lentos pero seguros!! Pódote adiantar que as nosas xornadas serán o primeiro fin de semán de novembro (días 6 e 7), pero antes diso teremos a José Manuel Castro Marcote o día 16 de outubro para darnos unha charla sobre cogomelos en ecosistemas dunares; será no Parque natural de Corrubedo e logo faremos unha saida in situ para tratar de observar algúns de estes curiosos amiguiños fúnxicos.
ResponderEliminarEn breve máis información!
Pois eu ás charlas non sei se me será posible ir. Pero ás saídas, sí que me apunto. Bendito fin de semana. Ademáis, seica Galicia interior ten moito que ensinar á Galicia Costeira nesto dos cogomelos. Pois ala, na Estrada ou en Celanova nos atoparemos. E ide tuneando a navalla que comenzamos. Saudiños
ResponderEliminarQue llueva,que llueva,la virgen de la cuevaaa!!!
ResponderEliminar