¡¡Xa podes conseguir a camiseta exclusiva de Refungando!!

(Podeses facer Click na imaxe para ver millor o deseño)

Todos (bueno, non os máis novos) lembramos a campaña que fai xa uns anos longos o inundaba todo de peixiños: "Pezqueñines no, gracias, hay que dejarlos crecer". Á imaxe desta iniciativa dende a Asociación Micolóxica Refungando queremos levantar unha voz contra a recolleita abusiva de cogomelos e a total falla de respeto a hora de levarse exemplares demasiado novos do campo nun intento famélico de enche-lo cesto. O motivo de escoller uns boletos como protagonistas é que realmente o son, pero das peores falcatruadas e a explotación máis despiadada nos nosos montes, como xa se nos adiantou a comenter Merche Nodar, presidenta de A Estrada Micolóxica neste comentario. E estamos completamente de acordo con ela.

Por iso, con esta camiseta dende Refungando buscamos dous obxetivos:

1- Facer campaña unha vez máis porque se respeten os exemplares de cogomelos inmaduros.

2- Recaudar fondos para sufragar as actividades da Asociación Micolóxica Refungando. "La pela es la pela".

Para os pedidos podedes escribir a refungando@gmail.com. O prezo da camiseta e de 10 € (6€ para socios) máis gastos de envío (os gastos dependen do peso, logo, do número de camisetas que pidades; cando fagades o voso pedido vos informaremos do importe exacto, que para unha camiseta anda preto dos 2 €) a ingresar na conta bancaria de Refungando de Caixa Nova número 2080 0497 90 0040111576. ¡Lembrade incluir no ingreso o voso nome! E, para que se adapte a todos esos corpos serranos, a camiseta está dispoñible para vos nas tallas S, M, L, XL, e XXL.
Por suposto, se sodes de Ribeira ou arredores, só vos tedes que achegar ata aquí e levar a vosa camiseta. Igualmente, escribídenos ó correo.


¿A qué esperas para estar á última en moda micolóxica este ano? ¡Axúdanos nesta campaña contra os esquilmadores dos nosos montes e a favor dunha recolleita de cogomelos sostible!

2 comentarios:

  1. Unha idea xenial, pero véxolle só un pequerrecho "poblema". O da manga curta é un pouco chocante ás portas do noso outono que, en Galicia, podémoslle chamar inverno directamente e acabamos. Dende logo claro que me apunto a pillar unha, todo será cuestión de gastalos tenis do Decathlon monte través e así agradeceráse que sexa unha camiseta e non unha sudadeira. Biquiños e que os cogumelos vos acompañen!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola Patricia! Pois como siga así o "outono" vas a agradecer esa mangas cortas! Ademáis sempre pode levar unha de manga larga por debaixo que queda moi "cool".

    En breve vémonos, reserva no correo de refungando a túa talla para gardarcha!!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails