¡Abre a tempada! ¡¡Comeza "Estrada Micolóxica 2010"!!

Sen tempo nen para calzar as botas ou abrir a navalla, nos chegan dende A Estrada as novas das primeiras actividades micolóxicas da tempada en Galicia da man da asociación Estrada Micolóxica.
Este venres Marisa Castro, unha das nosas máis soadas micólogas, é a encargada de abrir un ciclo de charlas micolóxicas (ca charla "Aproximación á historia da micoloxía galega") que terán lugar os venres 10 e 24 de Septembro, 8 e 22 de Outubro e 20 de Novembro. E non será a única das persoalidades da micoloxía galega que pasará este ano pola Estrada.

Perp por si alguén o dubidada, aquí non acaba a cousa, A Estrada vai a estar este outono máis fúnxica que nunca; os que se acheguen por alí do 16 ó 20 de Novembro poderán disfrutar dunha Mostra Micolóxica, así coma de saídas ó campo os domingos 10, 24 de Outubro, 7 e 21 de Novembro, e 12 de Decembro.

Tedes máis información emáis detaiada facendo click e ampliando na imaxe deste artigo. E lembrade que ESTE venres comeza xa o cotarro. Aproveitade estes eventos divulgativos que organizan as distintas asociacións porque é unha oportunidade única cada ano de aprender e observar in situ cantidade de cousas sobre o Reino Fungui. Cun cartel tan amplo e todo o outono por diante... ¿quén non se vai pasar a facerlles unha visita ós amigos de Estrada Micolóxica? Sacade a axenda e a apuntade as datas!

Dende Refungando, un saúdo. ¡Vémonos entre os toxos!

7 comentarios:

  1. Me llamo Mercedes Nodar y os doy las gracias por la propaganda....si no fuera por lo que divulgamos las asociaciones....el mundo micologico seguiría en su letargo....aunque viendo lo que se hace en los montes por ganarse 4 duros con este material preciado....mejor le iría al monte si algunos se mantuvieran en la ignorancia micologica....
    "DESDE ESTE MAGNIFICO BLOG OS QUIERO PEDIR ALGO":

    esta muy bien creat aficionados a la micologia....pero lo que tenemos que hacer cuando los creamos es concienciarlos de que al monte y sus habitantes le debemos un respeto...que el echo de salir al monte con una cesta no nos da derecho a llenar la cesta asta los bordes....sin mirar siquiera si vamos a consumir todo lo que cogemos. desde mi punto de vista se esta haciendo un abuso del monte y creo que debemos ponerle freno...muchas setas que antes aparecían en grandes cantidades(B. eduli, C. cibarius)no se dejan ver tanto como antes, y eso es debido a que sufren una recolecta indiscriminada y sobre todo el edulis, se coge con un tamaño muy pequeño que no esporo aun....pero para comercio se demanda este tamaño y se paga mejor a si que "venga nos lo llevamos que no pasa nada hay setas de sobra"
    y cuando nos demos cuenta nos pasara como con el marisco....sera escaso....habra que limitar las cantidades y tener un permiso( cosa con la que estoy de acuerdo)...me gustaria que entre todos insistieramos en hacer unas recolectas respetuosas....
    1º coger solo lo necesario...
    2º en caso de exposicion con 2/3 ejemplares nos llega.
    3º limpiar las setas en el monte, el caso de los hydnum y los Boletus donde nos es muy fácil dejarnos el himenio en el monte,siempre sera mas productivo allí que en el cubo de la basura de tu casa.
    4º no congelar muchos kilos de seta...con un par de kilos en bolsas de 300g nos dará para varias comidas al año, por que recordad que setas hay todo el año, que cuando tengamos las frescas no comeremos congelado y muchas veces se acaba tirando a la basura.
    5º las especies que dudemos o desconozcamos si se es aficionado mejor dejarlas en el monte, fotografiarlas bien y despues intentar localizarlas en casa en unas guias.

    bueno y creo que como paliza verbal os llego a todos....ya estaréis jurando en la tipiña esta que escribió este post..espero no molestar a nadie con estas palabras.
    un saludo a tod@s los seteros y no seteros

    ResponderEliminar
  2. Gracias pola túa reflexión Mercedes. Suscribo todo o que dis. Neso estamos, a concienciar, que falta fai en moitos cráneos. Curiosamente ó final os que máis arramblan con todo no monte son os primeiros logo en queixarse de que non pillan nada...

    En canto á conxelación, para min é o peor dos métodos de conservación de cogomelos en tanto que altera moito tanto textura coma sabor. Eu prácticamente non conxelo nada.

    Síntete libre para comentar aquí o que queiras e cando gustes, por suposto. A nós gústannos as palizas verbais.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Pois estou totalmente dacordo. E é que unha cousa é ser micófago, e outra ser un auténtico depredador micolóxico.
    Algunha xente segue sen darse conta de que coa súa actitude o unico que fai é cumplir o refrán ese de: Pan pa hoxe e fame pa mañán.

    ResponderEliminar
  4. Bos días xente, veño de recabar información respecto do tema das saídas. Eu ás charlas non podo ir polo horario do traballo. Pero ás saídas sí, entón o tema é que se xunta a xente na plaza do concello de A Estrada e logo nos movemos en grupos repartidos en varios coches. Iso foi o que me comentaron nos teléfonos de información que me deron. A ver se alguén da "casa" se apunta a ir. Por certo, tedes que mirar a páxina de aestradaverde.com. Ten unhas rutas moi interesantes dende o punto de vista micolóxico. Podíamos organizar algo, non sei. Pero é só unha idea. Saudiños e a espertar do letargo compañeiros!

    ResponderEliminar
  5. Hola Patricia! Moi ben esa páxina, a verdade é que esas rutas teñen moi boa pinta. Como en breve haberá reunión de Refungando, pois xa o comentamos e falamos todos. A min me parece fantabuloso.

    Eu, pola miña parte, farei o que poda por ir á charla dos Agaricus!!

    P.D.: Hoxe chegan as camisetas!

    ResponderEliminar
  6. Bos días rapaces, non vos olvidedes que temos ás portas as xornadas da Estrada 2011. Xa saen anunciadas no Correo de hoxe xoves, 8 de setembro. Bicos e ide preparando cestas.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails