Cando un pensa en saír a por cogomelos, seguramente o último que lle pase pola cabeza sea a palabra "perigoso". Pero, ¿cómo entón podemos explicar que este mes pasado morresen 18 persoas no norte de Italia disfrutando desta actividade? A resposta deberíanos facer reflexionar, xa que o feito é que a presión á que os buscadores estan a someter ós cogomelos se reflexa ca mesma forza nos propios afecionados que, impulsados pola necesidade enfermiza de "adiantarse" uns ós outros, cometen auténticas imprudencias.
Esta presión se traduce na comisión dunha serie de actos imprudentes por parte dos recolectores e que os levan a, por exemplo, facer cousas como:
- Ir moito máis lonxe, a lugares máis remotos, aumentando o risco de perderse no monte.
- Adiantar a hora da saída ó monte o impensable, ata as primeiras horas antes de mencer, co cal o risco de perderse ou accidentarse aumenta considerablemente.
- Tentar chegar ós lugares máis inaccesibles, xa que ahí chegarán menos buscadores e a promesa dun botín fructífero fai que se ignoren os riscos.
- Forza a saída con mal tempo, expoñéndose a caidas ou a perderse pola mala visibilidade.
¿Qué conclusións podemos sacar de todo isto? O primeiro, evitar os puntos anteriormente mencionados e lembrar que as pedras son extremadamente esbaradizas cando están molladas: debemos procurar levar sempre calzado apropiado e que nos de un agarre o millor posible ó movernos por estes terreos. Tamén faremos por non olvidarnos nunca de levar o móvil connosco; é certo que a maior parte das veces non temos cobertura no monte, pero nas que sí, o móvil pode ser unha ferramenta que nos salve de máis de un apuro, pensade que unha torcedura no nocello, por exemplo, pode ser un gran problema se estamos sós e non temos a ningué á man. En caso de perdernos, sempre podemos buscar cobertura subindo a algún punto alto e, xa metidos neste enredo, os móviles con GPS poden marcar seriamente a diferencia á hora de volver á casa. Por último, procuraremos levar unha botella de auga sempre con nós para evitar deshidratacións e vaidos, sobre todo os días de moita calor.
Bueno, así xira o mundo e así volo contamos dende Refungando. Agora que vai a comenzar a tempada micolóxica, lembrade andar con tento e non vola xoguedes por catro cogomelos, porque
o único certo é que non están tan bos como para xogarnos o pelexo por eles e que non podemos saber o que o monte nos ten preparado.
Vaian todos eles en paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario