Fai uns días que en Refungando nos fomos de comida xuntos; antes, pola mañá, puidemos facer unha saida polo monte Facho, preto de Corrubedo, dónde dous membros da asociación tiveron a ocasión de facer a fotografía que abre este post.
Mentres apañaban uns cogomelos para a comida que nos esperaba, Fernando Quintela e Juán Santos, dúas boas pezas (por valiosas, se entende), se atoparon con este exemplar de Hyla arborea que toma placidamente o sol daquela cálida mañá sobre o sombreiro dun Lactarius deliciosus. Esta diminuta e fermosa ra, coñecida co nome popular de ra de San antón, está actualmente incluida na Lista Vermella de especies ameazadas da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza). Afortunadamente para nós, este chamativo batracio é aínda frecuente na nosa zona e de cando en cando podemos oir o seu potente canto preto de charcas e lagoas.
Hoxe queríamos compartir con vos esta imaxe, unha de esas que fan que pague a pena por sí mesma sair da casa e madrugar un sábado. Un regalo para os vosos ollos.
Hyla e os lactarius
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Preciosa rana que vi solo 4 o 5 veces en mi vida y todas en el mismo sitio ( desembocadura del rio sieira)
ResponderEliminary hablando de especies en peligro tengo muchisimas ganas de ver las tortugas que soltaron en el rio de las dunas (Emys Orbycularis, Sapoconcho)que están al borde de la extinción , leí en una ocasión que quedaban sobre 600 ejemplares en toda Galicia pues gracias a un programa de repoblación descubrieron que en este río se adaptaron genial y algunos ejemplares han alcanzado el medio kilo!!
A foto é chulisima. Nunca vin esta ra, será que me fixo pouco ou que xa case non quedan...
ResponderEliminarHola rapaces.
ResponderEliminarA Alberto: Graciñas pola información. Descoñecía que se houbesen liberado sapoconchos no parque natural. Me apunto ás túas ganas de velos. Pero haberá que esperar ata chegada a primavera porque penso que invernan a metade do ano, ¿non sí? Estaremos atentos!
A sendeiriña: Estas pequenas ras teñen unha habilidade que as fai "sinxelas" de atopar cando están en celo: croan con más peito que Caruso. Lembro que cando era neno e as oiamos, pensabamos que tiñan o tamano de gatos. Cando te chegabas á poza, todo se hacía silencio e non se veía nada... ata que te fixabas ben e as veías asomar entre a vexetación. Con un pouco de paciencia e silencio comezaban o seu canto de novo e podías velas hinchar a papada, aqueles bichiños que non eran máis que un pulgar. Lembro como nos quedamos pasmados ó relacionar a potencia do seu canto co seu tamano. Teño entendido que é a ra co canto máis forte que se pode atopar en Galicia. Así que si estas atenta, podes chegar a velas con un pouco de sorte. Por aquí soen atoparse, non coma antes, en pozas e charcas nas proximiades do Parque Natural de Corrubedo.
Un saúdo.