Otidea cochleata

Galego: Orella de porco, orella de lebre parda
Sinónimo: Otidea umbrina


Xa había tempo que tiña ganas de amosarvos este cogomelo de enrevesadas e curiosas formas, que poucas veces fai honor ó nombre do seu xénero, Otidea, que fai referencia á forma de orella dos carpóforos. Como vedes non é un cogomelo de formas moi comúns, ó contrario: Otidea cochleata é un ascomiceto da familia Pyronemataceae, con formas similares a algunhas pezizas, pero máis... eso, enrevesado. Este saprófito, se alimenta da materia orgánica en descomposición, adopta formas moi variadas e intrincadas: dende o aspecto de flor da imaxe principal ata as formas maís propias de corais posteriores. O exemplar adecuado pode regalarnos unha fotografía micolóxica inesquezible e moi fermosa.

Este cogomelo gusta sobre todo do outono, pero cando este se volve xa mái frío, o Nadal está máis preto e a variedade de cogomelos nos montes empeza a estar de capa caída. De ahí que ainda esteades a tempo de velo e vos animemos dende Refungando a coñecelo ben na seguinte descripción...

DESCRIPCIÓN


Corpo fructífero: 3-7 cm de alto. Moi variable na súa forma, globoso ó principio e despóis máis ou menos ondulado; fendido lonxitudinalmente (dato imposrtante para a súa diferenciación das pezizas; na última imaxe podedes apreciar estas fendas dende arriba moi ben). Ás veces únense varios exemplares dándolle un aspecto de flor (ver primeira e segunda imaxes), a modo de pétalos reunidos entre si. Superficie interna, himenio, de cor ocre parda a parda escura. Cara externa engurrada, de cor marrón canela, ás veces con tons oliváceos. Pé radicante, abrancazado, finamente furfuráceo, curto pero ben diferenciado. Lembrade que os tons do carpóforo poden cambiar segundo as condicións metereolóxicas e de maduración. As cores dos dúa primeiras fotografías son máis reprentativas deste caracter.

Carne: Abrancazada, de consistencia máis ou menos elástica (como se fose de cera). Olor e sabor suaves.

Hábitat: Fructifica sobre todo en piñeirais areosos, pero non é rara en frondosas (estas fotografías foron tomadas en bosque mixto de piñeiros, sobreiras e carballos). Outono. Frecuente e moi abundante nos lugares onde crece, enchendo de colorido boas zonas dos nosos piñeirais dunares.

Observacións: É, de todas as otideas, a que presenta forma de orella menos evidente (a verdade é que, como xa vimos, ás veces lembra máis a unha flor). Pódense confundir con algunha peziza, pero Otidea cochleata ten unha fendedura lateral que lle da ese aspecto de orella e que as pezizas non presentan, aparecéndosenos estas en forma de cuncas.

Como vedes sempre hai algo agardando no monte, incluso cando o frío arrea con máis forza. Que iso nos vos desanime á hora de sair ó campo. Todo e cuestión de armarse cas botas e perderse camiñando sen saber que nos espera entre as follas. Alí nos vemos, refungando ben abrigados...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails