Enlazando co último artigo, que tiña coma protagonista a un mixomiceto, imos a coñecer hoxe precisamente un destes membros do Reino Protista, nun tempo e todavía obxeto de estudo no campo da micoloxía, e que se está a dar estes días moito na nosa zona: Mucilago crustacea. Un aspecto do máis apetitoso, ¿non si? O feito é que a mucosidade do plasmodio (esa especie de moco visguento que se ve ó fondo á esquerda e baixando pola herba abaixo no centro) e as fructificacións deste, con esa forma de pequenas boliñas cando aínda non está maduro de todo, nos poden lembrar á unha posta de ovos de algún animal. Pero o certo é que baixo esta a cuberta branquecina, se atopa o peridio que garda as valiosas esporas deste organismo.
¿Noxento? Pode que sí. Pero iso non quita que sea gran protagonista de fermosas fotografías e digno de comentar aquí. Así que por sinxelo de recoñecer, abundante e curioso, imos a coñecelo un pouquiño...
DESCRIPCIÓN
Corpo frutífero: De forma moi variable dependendo do sustrato sobre o que se desenvolva. Parte dun plasmodio de aspecto leitoso a partir do cal se desenvolven os corpos frutíferos co aspecto de espuma seca (ou de vómito, algunha xente con cans que o atopa no xardín cree que animaliño vomitou e acaba levandoo o veterinario, de ahí o título).
Abrancazado ou crema claro debido a cristais de carbonato cálcico (visibles ó microscopio e de intrincadas formas estreladas moi fermosas). Debaixo da superficie está o peridio de cor moura que acubilla as esporas, e que podedes ver na imaxe de arriba nun exemplar máis maduro.
Hábitat: Crece sobre restos vexetáis, polas de arbustos, herbas vivas e outros. Frecuente nestas datas.
Bueno, supoño que será o último post do ano, así que aproveitaremos para desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo micolóxico. O ano que ven... seguiremos aquí, coma sempre, refungando.
¡Sede bos no monte e graciñas a todos pola vosa compaña!
¿O can "jomitou"?: Mucilago crustacea
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario