O micelio bule baixo Ponteareas: XXI Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista Adenco


¡Bulide que xa comezaron! Este 29 de Outubro o Grupo Ecoloxista Adenco abría o seu ciclo de actividades de este outono con unha interesante charla-coloquio de suxerente título: "Conservación dos fungo galegos". Unha pena que non no enterasemos antes. Co que nos gusta polemizar e refungar. ¡Qué lle imos facer! O bo é que chegamo para o resto, que non é pouco, con múltiples actividades dende o 6 ata o 22 de novembro.

A través de actos micolóxicos divulgativos de todo tipo a cabalo entre Ponteareas, Porriño e Mondariz, o compañeiros de Adenco nos invitan a unha apaixoante viaxe polo mundo dos fungos de maneira que nestas datas a provincia de Pontevedra ferverá de actividades fúnxicas, pois como verede en próximos días, non son os únicos que argallan algo na provincia galega de abaixo á esquerda.

¿Qué como vai a cousa? Pois non tedes maís que pinchar nas imaxes dos orixinales cuadrípticos que se curraron os nosos veciños de máis alá da Ría de Arousa para enterarvos de todo o que vos teñen preparado.

Animádevos a achegarvos e, lembrade este outono: catro cestas cheas de cogomelos non son unha heroicidade micolóxica, son un abuso e unha desfeita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails