A actividade micolóxica segue a bulir na nosa comunidade. Hoxe mesmo comeza o ciclo de conferencias que a Asociación Micolóxica Sendeiriña (Hmm, xusto agora teño a secar unhas cantas... están a ser moi aundantes este ano.) organizan en Negreira no marco do seu II Outono micolóxico. Tódalas charlas se celebrarán na Casa da Cultura de Negreira. Aquí tedes o listado de confrencias e poñentes para ir acomodando a axenda, un menú pensamos que ideal para iniciados:
- O mércores 17, ás 20:30 "Principais especies comestibles do Val de Barcala" a cargo de Alexis Pena.
- O xoves 18 tamén ás 20:30 "Os boletais" a cargo de Puri Lorenzo.
- E o venres 19 ás 21:00 (un pouco máis tarde) "O xénero Amanita" a cargo de J.M. Castro Marcote.
Graciñas pola difusión
ResponderEliminarDe nada! Sorte con esas xornadas!
ResponderEliminar