II Outono Micolóxico de Negreira

A actividade micolóxica segue a bulir na nosa comunidade. Hoxe mesmo comeza o ciclo de conferencias que a Asociación Micolóxica Sendeiriña (Hmm, xusto agora teño a secar unhas cantas... están a ser moi aundantes este ano.) organizan en Negreira no marco do seu II Outono micolóxico. Tódalas charlas se celebrarán na Casa da Cultura de Negreira. Aquí tedes o listado de confrencias e poñentes para ir acomodando a axenda, un menú pensamos que ideal para iniciados:

  • O mércores 17, ás 20:30 "Principais especies comestibles do Val de Barcala" a cargo de Alexis Pena.
  • O xoves 18 tamén ás 20:30 "Os boletais" a cargo de Puri Lorenzo.
  • E o venres 19 ás 21:00 (un pouco máis tarde) "O xénero Amanita" a cargo de J.M. Castro Marcote.
Visto o visto este ano, recomendávomos a todos, tamén os que teñen algo de experiencia (sempre se aprende algo novo), que non vos perdades a charla sobre o xénero amanita; un xénero moi abundante en Galicia e que inclue algunhas das setas máis tóxicas do mundo dos fungos. Hai que coñecelo ben, pola conta que vos trae. Aquí tedes unha oportunidade máis da man de Sendeirinha. ¡Non a desaproveitedes!

2 comentarios:

Related Posts with Thumbnails