Se pensabades que xa podiades descansar de actividade micolóxica este outono... mal pensado. Todavía arde lume en Bueu ca proximidade das XIII Xornadas Micolóxicas organizad s pola Asociación Micolóxica Naturalista Liboreiro, unha das últimas oportunidades que teredes esta tempada de achegarvos un pouco máis de preto o mundo dos fungos.
A partir do martes 23 de Novembro e ata o sábado 27 poderemos disfrutar do suculento e variado menu fúnxico que nos teñen preparado os de Bueu. Menú que vos servemos a continuación...
- Martes 23: "Principais especies comestibles e as súas posibles confusións", Puri Lorenzo.
- Mércores 24: "Cogomelos dos ecosistemas dunares", Xosé M. Castro Marcote.
- Xoves 25: "Xénero macrolepiota e especies afíns", Chemi Traba.
- Venres 26: "Prantas con comportamento invasor no morrazo: pragas e ameazas", Xurxo Mouriño Lourido.
- Sábado 27: Saída ó monte dendo do Centro Social do Mar ás 10:00 da mañá.
Dende Refungando non podemos de deixar de recomendar a charla de Marcote, "Cogomelos dos ecosistemas dunares", que tivemos a ocasión de incluir este ano tamén nós nas nosas charlas e que resulta do máis interesante.
Este ano, quen non aprendeu algo máis de cogomelos, foi porque non quixo. Así que xa sabedes, tedes unha cita en Bueu cos cogomelos e as súas cousas. Xa tedes a ferramenta, agora queda na vosa man empregala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario