Pasada xa a resaca de finde ano, a da noiteboa, a de reis, a... bueno, pasadas estas entrañables festas cheas de amor, boas intencións e opíparas pitanzas, volvemos con vos con un regalo para os ollos que nos trouxeron os reis magos (bueno, en realidade foi o amigo e socio David Ageitos, pero como vale por tres homes...) como é este fermosísimo cogomelo: Entoloma hochstetteri. Un digno fungo para abrir este ano 2011.
Descrito por vez primeira polo micólogo austríaco Erwin Reinchardt en 1886, e nomeada así en honor ó naturalista alemán Ferdinand von Hochstetter, me temo que temo que temos que olvidarnos de atopalo nestas latitudes e conformarnos con desfrutar das súas fotografías. O caso é que esta exótica especie só se atopa na India e Nova Zelanda (lugar no que podemos atopar oitros cogomelos de singular e especial beleza como xa vimos AQUÍ en Refungando). A súa chamativa cor, dese intenso e pouco común azul pitufo, é o principal ingredinte da súa beleza, como podedes comprobar nas imaxes que acompañan esta entrada.
A primeira das fotografías é obra do usuario de flickr little.tomato e , simplemente, o amigo se sae do mapa. Sen palabras. A segunda foi tomada por Ian Dodd (vía Wikipedia) e a terceira, na que apreciamos o sutil do afeltrado da cutícula do sombreiro, de Steve Axford.
Sen dúbida, un dos cogomelos máis fermosos que nos podemos atopar no mundo. ¿Non estades dacordo? Pois todo para vos...
.
O Entoloma máis fermoso do mundo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ostras!! Pensei que o atoparades en Ribeira!!!
ResponderEliminarSe vou polo monte e me encontro con esto, dame unha volta e tenme que vir buscar o helicoptero!!
Cousa bonita chico
Ja, ja, ja! As ganas que tiñamos! Aquí é moito máis sinxelo atopar no monte unha lavadora ou un ordenador; iso si que é bioloxía exótica.
ResponderEliminarUn saúdo!
Tranquilos, temos o noso particular cogomelo azul nas praias de Cabo Home (O Morrazo), ou polo menos así o retrata o fotógrafo Pablo Veiga:
ResponderEliminarhttp://www.fotonatura.org/galerias/general/370117/
Unha aperta amigos
Pois noraboa ó amigo Pablo, vaia foto máis bonita. Non é fácil pillar este cogomelo xusto nese momento de madurez no que o sombreiro ainda non abriu de todo e a súa cor está en todo o seu esplendor.
ResponderEliminarGraciñas por compartila con nós!