Tódolos anos se producen novos hachados no campo da micoloxía galega e peninsular, pero poucas veces o cogomelo protagonista da cita é dunha beleza como a de hoxe. Este marabilloso e raro cogomelo que vedes na imaxe, foi atopado en Priego de Córdoba (Córdoba) polos autores da cita José Manuel Castro Marcote e Javier Gómez, e a cita publicada no Boletín Anual da Sociedade Micolóxica de Madrid. Este hachado é, sen dúbida, motivo para terlles unha envexa san ós afecionados andaluces, que agora teñen no seu repertorio micolóxico esta fermosa rareza para poder atoparse e disfrutar nas súas saídas. Noraboa.
E eiquí vos deixamos sen máis prémbulos a descripción deste novo cogomelo documentado na península; con todos vostedes, para todos vos, Gyromitra neuwirthi .
DESCRIPCIÓN (Publicada no Boletín sa Sociedade Micolóxica de Madrid, nº 34- ano 2010)
Corpo fructífero: sombreiro de de 2-3 cm de diám., globoso, lobulado, con ondulacións e pregamentos redondeados pero sen circunvolucións, nunca cerebriforme, ca marxe moi involuta e totalmente libre do pé. En tempo seco o sombreiro se retrae de deixa ver a totalidade do pé, tomando a apariencia dunha especie de boina engurrada e marrón negruzca sobre un estípite totalmente branco. O himenio recobre a superficie superior, seco e de cor marrón negruzco. A superficie inferior é branca e lisa.
Pé: 1-3 x 0,5-1 cm. Cilíndrico ou lixeiramente ensanchado na base, macizo nos exemplares xoves, sempre cheo, coa superficie lisa, nunca costelado e de cor branca.
Carne: Branca e sólida, sen olor nen sabor apreciables.
Hábitat: Fructifica en lugares húmidos, sobre restos vexetáis. Nunha das recolectas aparecía sobre follas de olivo (aquí, acompañado por numerosos exemplares de Morchella deliciosa) e noutra baixo ulmeiros, á beira dun regato.
Non queremos rematar sen agradecerlle a J.M.C Marcote o enviarnos a fotografía que ilustra esta entrada e obsequiarnos cun exemplar do artigo publicado. ¡Graciñas!
Temos xa que deixarvos, non sen antes recomendarvos, ós que o teñades a man, facer algunha saída estas datas a algunha zona dunar ou piñeiral costeiro, por onde agora poderedes atopar cousas moi interesantes, sobre todo entre os ascomicetos. Xa vos amosaremos algunha en próximas entradas. Namentres, estos días, andaremos preto da costa, entre brión e area, refungando, claro.
Primeira cita de Gyromitra Neuwirthi na península, de J.M.C Marcote e J. Gómez
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
que preciosidade!!!
ResponderEliminar