Hellvella macropus

Antes de nada, pedirvos desculpas pola tardanza en publicar, pero non sempre ten un todo o tempo que quixera para dedicarlle ós artigos. Estes días, recuperaremos o tempo perdido. Dito o cal... ó allo, que está a ser un inverno micolóxico moi interesante e temos moitas cousas que ver.

A pesares do frío e da pouca humidade deste inverno sempre é bo momento para atoparse con interesantes cogomelos, por Tutatis que sí. Como é o caso que nos ocupa hoxe, Helvella macropus.

Persoalmente atopo o xénero helvella especialmente fermoso, supoño que en parte debido a que sempre me trae á cabeza a figuras saídas dun cadro abastracto ou surrealista; cada unha delas é unha obra distinta saída dos pinceis da natureza. Se a Dalí lle houbese dado por pintar cogomelos, pintaría helvellas.

Helvella macropus non é un cogomelo que se deixe ver moito pola nosa zona (Barbanza), aínda que neso tamén influe o seu pequeno tamano e a súa predilección por solos ricos en abundante materia vexetal en decomposición, que lle proporcionan unha fantástica camuflaxe combinados coa súa cor pouco chamativa e o ocultan á vista.

Para este ascomiceto, sinxelo de encadrar en xénero, non tanto de identificar coma especie pola seu gran parecido con oitras pequenas helvellas aterciopeladas, habemos de botar man de microscopio para asegurarnos na súa identificación. Eche o que hay, non sempre (de feito, case que nunca) imos poder identificar un cogomelo apoiándonos únicamente na macroscopía, aínda que nos sempre tentamos traervos cogomelos nos que sea posible. Hoxe non é o caso.

Se nos acompañades ata o final do artigo, imos a ver cales son as características macroscópicas máis destacables desta pequena e aterciopelada helvella, tan so fai click en ler máis...


DESCRIPCIÓN

Sombreiro: 1-5 cm, con forma de copa ou disco, dun gris-parduzco apagado. Superficie superior lisa. Superficie inferior pubescente, cuberta de pequenos peliños ben visibles ca axuda dunha lupa.

Pé: 1-5 cm de longo x 0,5 cm de ancho, pubescente e da misma cor ca parte inferior do sombreiro, liso ou ca idade con un sutil surco intermitente que recorre a lonxitude do pé, deixando pequenas e suaves cavidades; aínda que ás veces a canle se debuxa perfectamente, oitras apenas é percibible, sobre todo en exemplares novos.

Carne: Delgada e elástica, sen olor nen sabor destacables.

Hábitat:
Potencialmente saprófito e/ou micorrícico (non está moi claro). En bosques de frondosas ou coníferas con chans ricos en materia vexetal en descomposición.

Observacións: Non comestible. Ó igual que oitras helvellas, contén ácido helvélico, o que a fai tóxica en cru. De todas formas o tamano, cantidade e sabor da carne non fan deste cogomelo un obxetivo a ter en conta para micófagos.

Como xa adiantabamos na introducción, Helvella macropus é sinxela de recoñecer como helvella, non tanto de identificar coma especie. Outras especies de helvellas de case calcadas características macroscópicas (principalmente Helvella villosa, prácticamente indistinguible) fan neste case imprescindible o uso do microscopio para unha identificación fiable ó cento por cento. Neste caso, as características esporas fusiformes (con forma de huso) de Helvella macropus a distinguen doitras compañeiras de xénero similares con esporas cilíndricas. Conclusión: Lamentablemente sen o uso deste instrumento, habemos de poñerlle un signo de interrogación ó lado do noso cogomelo, aínda que a cousa andará, se o voso cogomelo se axusta á descripción, probablemente entre Helvella villosa e macropus.

Nos podemos rematar sen deixar de recomendarvos novamente que vos acheguedes pola costa, onde gran cantidade de interesantes cogomelos pululan entre a area das dunas e piñeirais esperando que os descrubades. É , probablemente, o ecosistema máis interesante e rico do momento micolóxicamente falando, onde atoparedes ademáis con facilidade oitras interesantes helvellas. Unha boa excusa para ir á praia a refungar en inverno.

4 comentarios:

  1. As Hellevelas son un xénero que me gusta moito, fotoxénicas como poucas.
    Seguiremos refungando a espera da primavera.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Hola Conchi! A verdade é que si que son fotoxénicas, de feito aquí este inverno foi un xénero moi presente e tivemos ocasión de comprobalo, sobre todo en ecosistemas dunares. Por aquí asomaron o fuciño Helvella leucomelanea, Helvella elastica, Helvella juniperi, Helvella helvellula... Non houbo queixa, vamos, un inverno do mási prolífico como iremos vendo en próximas entregas. Supoño que por ahí a cousa está moito máis parada polo frío...

    En fin, que case que xa cheiran as flores, a primavera xa está á volta da esquina.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Non sabedes a sorte que tendes de vivir tan preto do mar!! (Seguro que un madrileño diriame o mesmo a min, pero é que despois de estar todo o día no coche por motivos de traballo o que menos apetece o fin de semana e poñerse a facer quilómetros)

    Creo que podería contar cos dedos dunha man as veces que atopei Helvellas na nosa zona... e son tan bonitas!!

    Que digo eu, que se para identificar esta especie fai falta microscopía, a ver se nos poñedes unhas fotiños, que despois do curso de Vilagarcía xa estamos feitos uns expertos!! jeje!! Nós imos progresando a paso de tortuga... é que o tema da microscopía precisa de algo que escasea nesta época,... ter tempo.

    Por certo, ides a Lugo ? ó que están organizando para o primeiro de Maio os de Lucus. Chegouvos a invitación? Nós seguramente vaiamos...

    Por certo, son María de Sendeiriña. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Sabemos, sabemos... ;)

    Aínda estades a tempo de desfrutar delas se lle sacas tempo ó tempo. Helvella juniperi, helvella leucomelaena, helvella helvellula e, aparecida este fin de semana, helvella queletii andan todavía por aquí.

    Mira, te deixo este enlace fantástico con microscopía variada de Helvella macropus, ahí atoparás todo o que precises:

    http://www.asturnatura.com/fotografia/setas-hongos/helvella-macropus-pers-p-karst-2/2854.html

    Respecto ó congreso de Lugo, estaremos. O que non sei todavía é cantos días. Eu teño un familiar con problemas de saúde e, ata última hora, non saberei nada. Pero algún refungón haberá, si ou tamén.

    Se todo vai ben, alí nos veremos.

    Un biquiño!

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails