... non é unha vaca calqueeeraaaa. E podedes xuralo por Fries. Non é unha vaca calquera a protagonista do video, extraordinario documento, e que chegous as nosas mans gracias ó chivatazo do amigo Julián Alonso da Sociedade Micolóxica Lucus.
Imos deixar unha pregunta no aire antes de dar paso ó video: ¿Algunha vez vistes comer macrolepiotas a unha vaca por estos lares? Pois pasen e vexan como se pon a amiga, logo comentamos:
Como lle roe a condeada, ¿eh? Non é nada estrano atoparse os tres termos da ecuación nun mesmo lugar en Galicia, xa que temos tódolas incógnitas: vacas, bos prados e macrolepiotas. Xa se sabe, as vacas gustan dos prados, e as macrolepiotas dos prados aboados polas bostas destas. O que si que nunca nos atopamos foron vacas atacándolle duro ós cogomelos. É máis, temos visto moitas veces vacas en prados cubertos de macrolepiotas, e estas non facerlles o máis mínimo caso, aínda que parece ser que si se dan casos en que lles da por rumiar bos boletus (como se nos comenta na Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos, de Marisa Castro, Alfredo Justo e Ana Soliño).
Quizáis o voraz apetito polas macrolepiotas que mostra a nosa melenuda amiga do video, teña que ver ca raza a que pertence: unha vaca das Highlands, raza oriunda das terras altas escocesas. Estas vacas están adaptadas ás duras condicións de vida das terras do norte de Escocia, de ahí o aspecto de wookie de Star Wars para abrigarse dos duros invernos escoceses, e a súa capacidade para comer prácticamente de todo naquelas terras ermas. Esa pode ser a clave da diferencia no comportamento cas vacas de por aquí, máis inclinadas polos verdes pastos galegos, afortunadamente para nos, que polas macrolepiotas. ¿Será este o segredo do misterio da vaca larpeira?

Por certo, se tedes material deste tipo ou algunha experencia relacionada, non dubidedes en compartilo con nos. Todo sexa por coñecer algo máis do papel dos cogomelos nos nosos ecosistemas en relación ós animáis micófagos. Podedes deixar os vosos comentarios neste artigo, e a ver que aprendemos todos xuntos...
P.D.: Por certo, vaia merda de primavera. Micolóxicamente falando, claro.
P.D.: Por certo, vaia merda de primavera. Micolóxicamente falando, claro.
Toda unha experta micófaga, rexeita o pé, ajajaja
ResponderEliminarFelicidades polo labor de investigación, achegando o nome da raza en cuestión que tan vorazmente se come as macro.
ResponderEliminarSaúdos
@Anónimo: Rexeita o pé a moi fina, si, pero non deixa unha a condenada!
ResponderEliminar@Julián: Graciñas Julián, pero sen mérito negún. Tan só escribín "vaca hippie" en Google Images e tirei do fío un pouco. Verídico.
Un saúdo e graciñas polo video!
Teño unha vaca setera,
ResponderEliminarnon come seta calquera,
unha boa Amanita cesarea,
e o que papa á condenada,
tolón tolón
tolón tolón
Tolonterías, a min gústame o pé...
Irei a Monterroso a feira de Santos pra mercalle un collar....... quen se apunta a mercar o cencerro ?
ResponderEliminarHola J. Antonio!
ResponderEliminarSe a vaca ten o mesmo olfato para os cogomelos que janas de come-los, comproo eu, raptamos a vaca e a soltamos no monte.
Logo todo será cuestión de seguir o tolón-tolón para chegar ós cogomelos. Hmmm...