Ante a polémica e tormenta de gargalladas despois da entrada das "trufas brancas de Serra Nevada" xunto ca cantidade de informacións recibidas acerca do exemplar desta especie máis grande/caro do mundo, dende Refungando nos vimos obrigados a facer unha investigación ó respecto para aclarar os onde, cando, canto e quen que planean sobre este asunto. ¡Imos aló!
A imaxe que vedes na entrada deste artigo mostra á campiona mundial das trufas brancas a día de hoxe, desenterrada en Palaia, preto de Pisa (Italia) o 23 Novembro de 2007 por Cristiano e Luciano Savini, pai e fillo (sen deixar de lembrar, por suposto, ó verdadeiro protagonista do asunto, o can da familia Rocco, que foi quen dou co preciado cogomelo).
Agora que xa temos as respostas ó cando e ó donde, imos agora a desvelar o canto. O peso da nosa protagonista foi de aproximadamente 1,3 kilos, pero non é este o dato máis impresionante. O cogomelo en cuestión saiu a subasta no Gran Hotel de Lisboa de Macao (China) o 1 de Decembro de 2007, mentres a subasta se podía seguir tamén por videoconferencia en Londres e Florencia. O exemplar de Tuber magnatum chegou a acadar finalmente o precio de, ajarrade a carteira que vai tremer, 330.000 €.
Pero queda unha pregunta sen resposta: ¿Quen soltou esta salsa por un cogomelo? Pois nin máis nin menos que o propietario do devandito hotel, Stanley Ho, un multimillonario chino afecionado a este manxar e que gusta cada ano de puxar polas millores trufas (brancas, por suposto). Con este tesouro culinario, Stanley celebrou un banquete para os amigotes da taberna e regalou ós máis achegados algún que oitro pedazo. Para él, nada demasiado sofisticado, un bo prato de espaguetis espolvoreados por riba ca preciada trufa.
Imaxino que a estas alturas estaredes todos a botar conta do que fariades con estes cartos, pero vos aseguro que non o que os afortunados caza-trufas italianos: os beneficios da subasta foron a parar a unha institución italiana que axuda a quenes padecen de enfermidades xenéticas, un grupo londinense que se ocupa dos nenos que viven na rúa e para cáritas católica en Macao. Con un par de trufas.
Por certo, o da imaxe da esquerda e o mesmísimo Cristiano Savini pousando co preciado cogomelo hipoxeo.
¡Quen o pillara!
Isto SÍ é unha trufa branca
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Só me falta a trufa, a receta e a cociña corre pola miña conta, jajaja.
ResponderEliminarBicos
Perfecto, perfecto... o primeiro é secuestrar a Rocco e traelo para acá. Logo xa irán caendo as trufas.
ResponderEliminarEn todo caso, quedamos contigo cando acabe a "operación" para rematala con algunha delicatessen. Te tomamos a palabra.
Un saúdo Conchi!