Coñecemos á etnomicoloxía como a rama de estudo que se ocupa de investigar as relacións das distintas culturas ó longo do tempo co mundo dos fungos e os cogomelos. Para isto podemos botar man da lingua e as manifestacións propias desta relacionadas con este mundo, as representacións artísticas, lendas, uso tradicionais dos cogomelos, etc. O autor do estudo que hoxe presentamos fixo unha exhaustiva inmersión na pobre (comparada con outras rexións) cultura micolóxica galega para recopilar gran cantidade de vellos ditos, refráns, nomes e saberes populares que compilou neste traballo que hoxe vos presentamos por cortesía de Don Cristovo en Refungando. Cadernos de Fraseoloxía Galega 4,2002,363-379 Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos Cristovo Ruiz Leivas Juan-A. Eiroa García-Garabal I Juan-A. Eiroa García-Garabal é autor unicamente deste primeiro apartado de introdución: o groso do traballo (apartado 2.) é da autoría de Cristovo Ruíz Leivas. 1. Introdución En España hai dúas zonas claramente micófagas (ou comedoras de fungos) que corresponden xeograficamente a Cataluña e o País Vasco. O resto do territorio é claramente micófobo (gran medo ós fungos) con pequenas excepcións. Galicia atopábase nestes últimos, aínda que nos derradeiros anos isto está a cambiar. Cando nos preguntamos por que ese medo ancestral no noso país galego, tentamos explicalo con hipóteses para as que non temos documentación: sería o medo por ver veciños morrer ou enfermar e isto orixinaría desprezo e falta de interese. Ou quizais unha prohibición relixiosa fose a causante. De calquera maneira, nos últimos anos Galicia incorporouse claramente á cultura dos fungos ou cogomelos e, de non querer saber nada, na actualidade parece existir un verdadeiro descubrimento non só no coñecemento por parte do pobo senón tamén por aqueles que se dedican a cociñalos, que son os verdadeiros beneficiados deste fenómeno. É a etnomicoloxía, termo acuñado por Gordon Wasson, banqueiro de New York dos anos cincuenta casado cunha dona rusa, ciencia que busca as raíces do uso de todo tipo de fungos nas distintas culturas, e que en Galicia nos proporciona poucos datos. Se se revisan os diccionarios mais antigos (e eu mirei tódalas entradas da edición do Diccionario de diccionarios de Antón Santamarina na súa edición de 2001, que xunta 17 publicados con máis de 222. 000 entradas) non se atopan senón folla e media de termos que teñan relación con cogomelos e moitos deles repítense nun e noutro. Case non hai nomes galegos de setas. Non obstante, os nomes galegos de plantas, árbores, etc. ocupan moitas páxinas e non hai ningunha que escape á súa denominación no país, teña ou non interese para comer ou usar como cura tivo ou noutra cousa. Preguntei por moitos lugares da Galicia do interior e case só saben dicir que coñecían os fungos como pan de sapo, pan de culebra ou de cobra, pan de raposo e cando un pregunta se os comen, prodúcelles un evidente asombro e algunha muller aínda se persigna. Se isto o facemos na Galicia da costa, aínda menos: alí si que non dirán nin res. Por outra parte desde que no último tercio do século XIX empezaron a introducirse os eucaliptos, que producen unha menor fructificación de fungos, aínda peor. Unicamente na metade sur da provincia de Ourense ofrecen algúns datos e aquí xa se poden atopar nomes de cogomelos con distintas variantes. Non sei se nesta parte da nosa terra puido ter influencia a proximidade de Castela, onde, a pesar de ser tamén en gran parte micofóbica, xa exisúa desde antes do XVII inxestión de dous fungos claramente coñecidos. Un, que recollian nos páramos na primavera e no outono, a seta de cardo (Pleurotus eringiJ); e outra, que apañaban na primavera nos prados das montañas, sobre todo nas provincias de León, Palencia e Burgos, que é a seta de San Xurxo (Calocybe gambosa). Ademais, debeu ter algunha influencia desde a Idade Media o Camiño de Santiago, pois era natural que os peregrinos que viñan a Compostela trouxeran coñecementos tamén no tema que nos ocupa. Non hai máis que ve-lo libro Viaggio in Ponente a S. Giacomo di Galitia, e Finis Terrae, per Francia, e Spagna (1673) de Domenico Laffi [ Publicou a traducción galega Leandro García Bugarín no libro de GARRIDO, Gustavo A (ed.): Aventureiros e CUl10S0S. Relatos de viaxeiros esttanxeiros por Galicia. Séculos xv-xx (Galaxia, Vigo 1994). Tamén hai traducción castelá de Clemente Crespo Caamaño (Viaje a poniente / Domenico Laffi Bolonés. Sildavia, Santiago de Compostela 1991)], que nos conta no século XVII como na provincia de Burgos, ó pasa-los Montes de Oca, e na de León preto de Sahagún, colle uns fungos que logo lle preparan no mesón onde dormen, e di deles que eran grandes coma boinas, e estaban moi saborosos. É lóxico pensar que a xente, vendo que estes estranxeiros os comian, matinase en por que non os ían comer eles. Aínda que Laffi non di que collera cogomelos en Galicia, era presumible pola época na que veu que os collese como fixera en Castela. Neste último ano dedicouse o Día das Letras Galegas ó frade Martín Sarmiento, que aínda que naceu en Vilafranca do Bierzo, viviu os seus anos mozos na provincia de Pontevedra. Nel tamén se atopan dúas referencias ós fungos, que fan destacar quizais a súa micofobia, ó mellor tamén obtida na nosa Galicia. Sobre unha carta que lle envía ó Duque de Medina Sidonia preguntándolle sobre duns fungos que saían moi abondosos no Escorial, dille "estoy firme en que jamás comeré hongos, setas y cáscaras de ajo, ni morilles [unha variedade de fungos que se chaman colmenillas] ni tampoco mousserones [é a seta de San Xurxo] aunque sean de primavera, aunque los guise Apicio el cocinero romano o Eschapi, el cocinero del Concilio de Trento." Despois de todas estas consideracións, cando un atopa alguén que foi capaz de recoller refráns e nomes de fungos na comarca de Valdeorras, coa dificultade que isto ten en Galicia, é lóxico sentir unha gran ledicia, que é a que eu sinto hoxe ó escribir estas liñas a modo de prólogo da publicación desta achega que fai o meu bo amigo Cristovo, que doutra maneira se perderían. Para terminar, e isto vai para aqueles que collen fungos para xantar ¡moito coidadiño! que a única maneira de coñecer se un fungo é bo ou non, é coñece-las súas características botánicas e, se non, preguntar a quen sabe un pouco disto, como son os membros das Asociacións micolóxicas, das que hoxe hai moitas por toda Galicia, e van conseguindo que se vaia perdendo o medo a estes marabillosos seres da natureza, hoxe incluídos nun reino aparte, o dos Fungi. Lembremos: tódolos fungos se poden xantar pero algúns unha vez nada máis. 2. Micoloxía do oriente ourensán. Valdeorras, Trives e O Bolo. 1982- 1994 Usarei as seguintes abreviaturas: na primeira columna Com (comestible) e ¿? (dubidosa); na segunda Tóx (tóxico), T (tóxico), M (mortal), ¿-? (dubidosa); X marca os cogomelos que, aínda sendo comestibles, poden ser perigosos ou que poden ser comestibles como ovos pero non cando xa están abertos; finalmente, na última columna, V (Valdeorras), T (Trives), B (O Bolo). Cogumelo Corro de bruxas Cravo da nogueira Fungo do engano Mourón Ovo de bubela Ovo de pega Pan do demo Raíña Rebentabois. Brincabois. Atolamoscas Cacaforra da morte Madeirudo.Cogordo.Andoa.Andoa castaña Madeirudo Fungato. Falopo dos curandeiros. Pan queixo Cacafina. Cacaviña. Pandecabra. Pan chica. Perrachica. Carne de pita Cacafina. Panchica Fígado. Lingua de boi. Asadura. Orellón (pI. orellós) Orellón da raña.Puchos dos frades. Orelleiro Fungo da muña. Carneira. Latouro. Fol de veleno Fungacho. Peido de lobo. Frade. Matacandís. Puchodosapo. Cogordo. Toupela. Choupiño lampo.Toupela. Cachote. Matacandís. Zarrota. Roco. Monxo. Frade. Roco. Palote. Choupín. Cogordo. Toupela. Zarrota. Calaza. Cocomelo. Choupiño. Rouquiño. Choupín torgallo Choupín. Sendeiriña. Cacavainas Pantorra Carallo Alborelle das carballeiras. Carrocha Netorra Tortullo
Cristovo Ruiz Leivas é un veterán micólogo galego afincado en Valdeorras con moito monte nos pés que nos respostaba así cando lle pedimos permiso para publicar o seu traballo: "Espalla boa semente, e nunca lle poñas cancelas."
Pois a iso imos, a espallar un traballo que recolle a esencia do saber micolóxico popular galego, cheo de curiosidades e pequenos "trucos"... se sabemos ler entre liñas nos antigos ditos. Non vos podedes perder este traballo que tamén podedes descargar en pdf dende aquí.
Fai click abaixo en ler máis para botar un ollo, ou dous...
Nota: dende a elaboración deste traballo, realizado a principios dos noventa, moitos nomes dos cogomelos cambiaron, sen embargo non debería haber ningún problema en atopalos novos, botando man, por exemplo, do Index fungorum.
Com Tóx NOME CIENTÍFICO NOME GALEGO ZONA Fungo
Morrón
Com Agaricus arvensis Bola de neve VBT Agaricus augustus Bola de neve con lá Agaricus bisporus Champiñón Com Agaricus bitoTC/uis Cogumelo das rapadoiras TB Com Agaricus campestris Fungo dos lameiros VBT Agaricus macrosSporus Bola de neve dentada Com Agaricus silvaticus Bola de neve do bosque T T Agaricus xanthoderma Bola de neve mareleante VBT Com Agrocybe aegerita Cogumelo dos choupos VBT - - Agrocybe dura Fungo xesta T Com Albatrellus pescaprae Pesuño V Com Aleuria aurantia Cunco anaranxado VBT Com Amanita caesaria
V ¿-? ¿-? Amanita cetrina Francesiña VBT Com ¿-? Amanita crocea Cacaforra sin anel VT T Amanita gemmata Cacaforra dourada VBT T Amanita muscaria
VBT T Amanita muscaria v. aureola Rebentabois. Brincabois T M Amanita pantherina Cacaforra marxa VBT M Amanita phalloides
VBT M Amanita phalloides var. blanca Cacaforra branca V Amanita rubescens Cacaforra viñosa M Amanita verna Cacaforra branca T Com ¿-? Armillariella mellea Palote da madeira VBT -- -- Astraeus hygrometricus Estrela do tempo. Estrela nubeira VBT -- -- Auricularia mesenterica Baxola VBT -- -- Auriscalpium vulgare Irto das piñas VT -- -- Bjerkandera adusta Orellón das cascas VBT Com Boletus aerius
VBT Com Boletus appendiculatus Madeirudo. Esqueiro. Bolouro VBT Com Boletus edules Madeirudo. Coe:ordo. Andoa. Alboxo VBT Com ¿-? Boletus erythopus Madeirudo de pé vermello. Andoa roxa VBT Boletus junquilleus Madeirudo das sobreiras Com ¿-? Boletus luridus Madeirudo das sogras VBT Com Boletus pinophilus
VBT Com ¿-? Boletus queletti Madeirudo das sogras BT Com Boletus regius Madeirudo T Com Boletus reticulatus Madeirudo do vran. Cogordo. Pachán VBT -- -- Boletus strobilaceus Andoa peluda T Com ¿-? Boletus versicolor Madeirudo. Cogordo B Com ¿-? Bovista plumbea Fungo do sapo. Peido de lobo VBT -- -- Calocera cornea Corno das cachopas VBT Calocera viscosa Corno das cachopas Com Calvatia excipuliformis Falopo dos curandeiros V Com Calvatia utriformis
VBT Com Camarophyllus niveos Pan de aligacha BT Com Cantharellus cibarius
VBT Com Cantharellus cinereus
VBT Com Cantharellus lutescens Pan chica. Trompeta amarela VBT Com Cantharellus tubaeformis Pan chica. Trompeta con pregues VBT Chalciporus viviratus Madeirudo fel VBT -- -- Chelvmenia fimicola Pencadas da bosta VBT Chlorophyllum molybdites Choupín verdoso Com Chrogomphus rutilus Choupín babuxa VBT Com ¿-? Clathrus ruber Ovo das meigas VBT - - Clavaria fumosa Encrestada VBT Clavariadelphus ligula Moca Clavariadelphus pistillaris Moca. Xardolo Com ¿-? Clavariadelphus trucatus Moca. Mazola. Xardolo VBT - - Clavulina cineria Ciru cinsu VBT Com Clavulina rugosa Ciro VBT Clitocybe alexandri Fungo con coroa - - Clitocybe clavives Cravo dos piñeiros T Com Clitocybe geotropa Fungo funil Fungo fonil, nin pra ti nin pra min. VBT Com Clitocybe maxima Fune:o funil. Pomba VBT Clitocybe nebularis Aborrallado Com Clitocybe odora Chorume. Choupín fiollo VBT Com Clitopilos prunulus Fariñeira VT - - Collybia fusives Fuso dos castiñeiros VBT Com ¿-? Coprinus atramentarius Fungo das sogras. Fungo das meigas. VBT Com Coprinus comatus Pucho de meie:as. Piocán. Matacandil VBT - - Coprinus disseminatus Panligacha VBT - - Coprinus domesticus Fungo dos pendellos VBT - - Coprinus micaceus Pucho das cañotas VBT - - Coprinus phlyctidosporus Pucho T - - Coprinus picaceus Pucho de pega. Prato de meiga. Pega VBT - - Coprobia granulata Penca da bosta. Lentella do esterco VBT Cortinarius praestans Pel de castaña Com Cratarellus cornucopioides Trompeta dos mortos VBT - - Crepidotus mollis Niñal. Oveiro. Dedaleira VBT - - Crevidotus variabilis Roseta dos e:uizos VBT - - Crucibulum laeve Niñal. Oveiro. Escriño VBT - - Cvathus olla Niñal. Oveiro. Dedaleira VBT - - Cvathus striatus Oveiro. Dedil VBT Daedalea Quercina Fune:o lebirinto VT Daldinia concentrica Ril V - - Diatrvve disciformis Penca da faia T Com Discina perlata Cunco VT - - Entoloma incanum Pe averdecado VBT M Entoloma lividum Enganosa V Com Fistulina hepatica
VBT - - Fames fomentarias Caripocha. Esca VBT - - Fomitopsis pinicula Caripocha dos piñeiros VT - - Fuligo cinario Moco dos cascarolos. Mucus das coscas VBT - - Fuligo septico Ovas de sapo V Fuserium sp (Choremia) Choremia - - Ganoderma applanatum Caripocha. Esca VBT - - Ganoderma lucidum Paipa VBT - - Geastrum campestre Estreliña VBT - - Geastrum nanum Estreliña. Estrela zanicouca V - - Geastrum pectinatun Estreliña. Estrela con pescozo T - - Geastrum quadrifidum Estreliña catro pés - - Geastrum striatum Estreliña VBT - - Geastrum triplex Estrela babeiro Com Gomphidios maculatus Choupín dos felgos VBT - - Gymnopilos svectabilis Fungo mergurento dos tacóns VBT Com X Gvromitra esculenta Bonete T Com Gyroporus cvanescens Andoa azul VT Hapalopilus nidulans Bosta dos ramallos. Com X Helvella acetabulum Cunco alorzo V Helvella costifera. Cunco con costelas. Com X He/vella crisva Orellón do inverno. Orella de gato VBT - - Helvella fusco
V Com X Helvella lacunosa Orellón do outono. Orellón mouro VBT Com X Helvella monachela
VBT - - Helvella queletii Orellón das caleiras V Helvella sulcata Orellón. Hydnum repandum Lingua Hydnum rufescens Lingua marela Hygrophorosis aurentiaca Falsa cacafina. Falsa cacaviña VBT Com Hygrophorus limacinus Limago VBT - - Inonotus dryadeus Chancro dos carballos VTB - T Inonotus hispidus Chancro das mazaeras/pumaregas VTB Com Krombholziella negrescens Madeirudo dos coores VT Krombholziella scabra Ala de mosca VTB Com Kuehneromyces mutabilis Pucho dos umeiros VT - - Lactarius aurentiacus Latouro VTB - - Lactarius chrysorrheus Latouro VTB - - Lactarius cistophilus Leitarego do xaral. Leitarego das estevas V ? X Lactarius contraversus Leitarego dos choupos VTB Com Lactarius deliciosus
VTB Lactarius fuliginosus Latouro - - Lactarius piperatus Pimenteiro VTB - - Lactarius Quietus Leitarego VTB Com Lactarius salmomicolor Carneira T Com Lactarius samguifluis Carneira T Lactarius subsericatus Latouro T Lactarius torminosus Falsa carneira VTB - - Lactarius villerreus Leitarego T T Lactatius blumii Falso nízcaro. Falsa carneira VTB Laetipotus sulphureus Carne de pita Com Langermannia gigantea Bomba T Com Lentinellus cochleatus Ostra anisada T - - Leocorpus fragilis Ovo de sapo VTB - - Leotia lubrica Limáchega. Lesma VTB ¿? ? Lepiota acutesquamosa Choupín fedento VTB M Lepiota brunnio-incarnata
VT - - Lepiota clvpeolaria Pé azul. Nazarena. T Leviota gracilenta Choupín lampizo Com ¿-? Lepiota ignivolvata Choupín de montaña VT Com Levista inversa Funil das carballeiras VTB Com Lepista luscina Funil manchado T Com Levista nubulares Aborrallado VTB Com Lepista nuda Pé azul. Nazarena VTB - - Licogala evidendrom Verruguenta VTB Com X Leucoagaricus pudicus Choupín branco. Campocha VTB Com Leucopaxillus candidus Funil dos lameiros T Com X Lvcoperdon foetidun Fungo do sapo. Bufo de vella VTB - - Lycoperdon mammiforme
VTB Com X Lvcoperdon molle Fungo dos manciñeiros. Fungo do sapo VTB Com X Lvcoverdon verlatum Peido de lobo. Fungacho VTB Com Lvophvllum decastes Tortullo apiñado VT Com Macrolepiota mostoidea
VTB Com Macrolepiota excoriota Calaza. Cerrota. Coco melo. Cachote VTB Com Macrolepiota konradii
VTB Com Macrolepiota procera
VTB Com Macrolepiota rhacodes
VTB Macrolepiota venenata
T Marasmius collinus Falsa sendeiriña VT Com Marasmius oreades
VTB - - Marivilus giganteus Caripocha xigante. Alborelle xigante VT - - Melestiza miniata Lentella das conetas V Com Mitrophora hydrida Pontorra dedil V Morchella conica var. Costata Pantorra. Fungo da coresma Morchella conica var. deliciosa Pantorra. Fungo da corresma Morchella conica var. distans Pantorra de pé longo Com X Morchella deliciosa Pantorra. Seta do coresma. Cagarría VTB Morchella deliciosa var. valdeorensis
V Morchella hortensis Pantorra pelexa Com X Morchella rotunda Pantorra. Seta da coresma. Cagarría T Morchella valdeorrens is Pantorra. Seta da coresma. Cagarría - - Mvcena sevnii Pucho das piñas VTB Omvhalotus olearius. Cogumelo vacalume Panaeolus papilionaceus Choupís dos cagallóns - - Panaeolus semiovata Choupís dos cae:allóns VTB - - Panaeolus sfhinctrinus Choupín da bula VTB Panaeolus subbalteatus. Cogumelo dos esterqueiros - - Panus rudis Chapeo de pana. Alborelle coiracho VTB - - Paxillus atrotomentosus Alborelle de polainas VTB M Paxillus involutus Orellagacha dos castiñeiros VTB Com X Paxina acetabulum Cunco V - - Paxina leucomelas Alferga VT Com Peckiella lateritia Carneira caleada. Caleada VTB Com ¿-? Pez iza badia Cunco VTB Com ¿-? Peziza badioconfusa Cunco T - - Pez iza praetervisa Cunco das rozas VTB - - Peziza revanda Cunco das corredoiras VTB - - Pez iza varia Cunco V - - Phaeolus schweinitzii Alborelle fonxe VTB Com ¿-? Phallus hadriani Carallo de ovos rosas VTB Com ¿-? Phallus impudicus
VTB - - Phelledon niger Lingua T Phellinus negricans
V,TB - - Pholiota aurivella Fungo das choupeiras VT - - Pholiota destruens Alborelle VT - - Piptoporus betulinus Cipocha dos bidueiros. Bido de San Xoán VTB Com ¿-? Pisolithus arhizus Patacas das meie:as VTB Com Pleurotus ostreatus Ostras dos negrillos. Alborelle VT Com ¿-? Pleurotus ostreatus v. Colubinus Ostra VT - - Plutius atromarginatus Alborelle dos piñeiros V Psilocybe semilanceata. Fungo do demo. - - Pyromema domesticum Costrado das queimas VTB - - Resuvintcus silvanus Roseta VTB - - Rhodotus palmatus Alborelle visgo. Visgo dos negrillos V Com Rhozovogon roseolos Feixo VTB Com Russula aurata Netorra raíña V Com Russula cvanoxanta Netorra das carballeiras VTB Com i.- ? Russula delica Netorra terrosa dos soutos VTB T Russula emetica Netorra proer VTB - - Russula nigricans Netorra moura VT - - Russula sanguinia Netorra sane:ue VTB - - Russula sorodia
VT Com Russula virescens Netorra dos cregos VTB - - Rutstroemia echinophila Alborello dos ourizos VTB - - Sarcodon colosseum Lingua xigante T Com i.- ? Sarcodon imbricatus Lingua de boi mouro VTB - - Sarcodon scabrosus Lingua marela T Com ¿-? Sarcoscypha coccinea Fror dos garabullos VTB Sarcosphaera coronaria Cunco Com M Sarcosphaera crassa Cunco estrelado V - - Schizophyllum commune Rosetas VTB - - Scleroderma citrinum Feixo do demo VTB - - Scleroderma polyrhizum Fungacho dos curandeiros VTB - - Scleroderma verrucosum Baloca das meigas VTB Com Sparassis crispa Colifrol do monte T - - Sphaerobolus stellatus Estralique das pinas VTB - - Strobilomyces strobilaceos Madeirudo pina. Andoa peluda T - - Stropharia semiglobata Ovos dos cagallos VTB Com Suillus bellinii Madeirudo da muña VTB Com Suillus bovinus Andoa miúda VTB Com Suillus collinitus Madeirudo amarelo VTB - - Suillus flavidus Madeirudo de anel T Com Suillus granulatus Andoa de e:raos VT Com Suillus luteus Madeirudo con anel VT - - Thelephora terrestris Roseta da terra VTB - - Trametes gibbosa Alborelle VTB - - Trametes hirsuta Alborelle peluda VTB - - Trametes versicolor Alborelle de cores VTB - - Tremella mesenterica Merexos das ramalleiras VTB - - Tricholoma albobrunneum
VT Com - Tricholoma auratum Tortullo dos cabaleiros TB Com - Tricholoma columbetta Tortullo branco VTB Com - Tricholoma equestre Tortullo dos cabaleiros VTB Com - Tricholoma orirubens Tortullo xaspeado V Com - Tricholoma sulphureum Enxofre. Tortullo fedento VTB Com - Tricholoma terreum Pel de rato VTB Tricholoma ustaloides. Tortullo - - Tricholoma viridifucatum Tortullo dos érbedos V - - Tricholomopsis rutilans Alborelle VTB - - Tylopilos felleus Madeirudo fel. Cogordo margurento TB Com - Volvariella bombycina Ovo das meigas VTB - - Volvaiella volvacea Cacaforra dos lindeiros VTB Com - Xerocomus badius Madeirudo Castaño TB - - Xylaria hypoxylon Mans en pena VTB
Etnomicoloxía galega da man de Cristovo Ruiz Leivas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarAinda que se ven vários fallos os iremos emendando pouco a pouco.
ResponderEliminarNunca cambiare nada que non sexa exacto ao orixinal da parola que nas Xornadas Micológicas de León lein.
Un troco que é esencial.
Pingoles, pingoles está pingando; fungoles, fungoles está fungando; se pingoles ,pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba.
Correxido!! Avisanos se ves algunha cousa máis!
ResponderEliminar"os iremos emendando", nesta construción, en correcto galego: "irémolos emendando", ou "imos ir emendándoos"
ResponderEliminar"cambiare", en correcto galego: "cambiarei", ou "hei cambiar"
"lein", en correcto galego: "lin"
"correxido", en correcto galego: "corrixido"