![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi3SWgl7k-PvkurAtFmEeJuDNObliyXCfrhYqn7EE4ofdZzFecYzoSA12YbnVs7bZk4z4Y407O6hypuMGxaIV0rrq4SZaAhB3xvWrBIVlXwMdNckOGk9Wxe2x4FDdDfTByTdM5gWFGUIDQ/s200/charla1.jpg)
Xa pasou a romería. O primeiro, graciñas a todos os que nos visitástedes nalgún dos actos organizados, que tiveron gran alfuencia de público a pesar do inclemente tempo (a min encántame!) que nos tocou a partires do sábado ó mediodía. Graciñas tamén por suposto á Asociación Altofalante, que organizaron unha degustación nos muiños digna de degustar, tanto polo marco incomparable, como polos deliciosos pratos que puidemos catar. Dúas cousas me marcaron ben en Amendo, unha, o croque que levín contra unha das vigas de carballo, e oitra, esa incrible e quentiña sopa de cogomelos ca que se abreu lume alí dentro. Simplemente espectacular.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjp3jKDtk1E1FXx-Im0wbPjxpSb55RGjtL2OFOatv24_6q5q8qSaF_5bm_oKsflj9bbHCIKVAxdhgUISUsJ9Hu6qLe2il1cJjDVOiDUxTwaMy1sZw-mY50zQ8zrN1jzeXUVw_L4L4wpk70/s200/charla2.jpg)
Como vedes arriba, na primeira charla da mañá, e a pesar de que o tempo non prometía, Alejandro Mínguez encheu o salón do CIELGA no Vilar. Había lejañas, bostezos, si, pero tamén peito para estar todos á súa hora (enviamos un saúdo especial ós "visitantes" de Noia; elas sí que lle botaron ganas!). Gracias tamén Alejandro, que cunha boda ese mesmo día aínda estirou a charla un pouquiño máis do pensado ante as dúbidas dos presentes.
Na recollida non houbo gran cantidadde de cogomelos comestibles, pero sí sorprendente variedade para finais de Novembro. E ata atopamos algunha cousiña interesante que chamou pola tarde atención de Jaime Blanco (para os que saístedes comigo, o home do pantalón vermello que doe mirar, aqueles cantarelos brancos que nos atopamos).
Pena de fotos do muiño, as presas e os bandullos baldeiros fixéronos deixar a cámara na casa, pero como andaba por alí un home da Voz de Galicia, a ver si son bós e nos mandan algunha para colgar, porque o lugar non ten desperdicio.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh2sJPhRt1XURqRtGQeq_s2ONlY0sq6-l_Nyf-DnZ_vt7UzKdXXdbdn4CYYKkl-guei4GQOFVWrwyTH7SaJq50IX_BO_Ja2_PYLdk6LeNnJXhsBsrp6hmddpOOG4A6d_P9tmxeb-pUs1k4/s200/charla3.jpg)
Pola tarde, treboada do demo. Aínda así, novamente, Jaime Blanco e os seus boletus volveron a encher, esta vez, a Aula Multimedia do concello. A pesar das continuas interrupcións por causa dos apagóns, Jaime dou un ameno e interesantísimo repaso á familia en cuestión, donde puidemos ademáis ver por vez primeira a
Boletus Atlánticus, un boletus recentemente descuberto por Jaime e que resulta que é de Ajiño (polo que algúns xa adiantan a súa peligrosidade ;D ). En serio, todos aprendemos un pouco, ou un moito mellor dito, desta familia de cogomelos tan representativa e coñecida. Graciñas polos teus consellos, Jaime.
O domingo só nos quedaba xa a exposición. A verdade e que foi unha mañán de cans. Preto de 50 especies identificadas e unha presentación coidada, fixeron as delicias de nenos e maiores.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2Pb6WG20KXQ9fftItm4lUuus63F0RZSYe-XaY5Sbpr9vt4pIj1z5JURbM4vuveKneYUOe3llKqEvCQ3U_MICVlC7o9n_gGABEsTy1qLdids4ebWWHAw63DR1GA54k396FcskltvwMV4g/s400/expo.jpg)
Por último, quería deixarvos a foto de, para min, o cogomelo máis fermoso da exposición. Phaeolus Schweinitzii, ese é o seu nome; este é un cogomelo con unha morfoloxía que cambia
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjr-Zhhi2t9oyyZYDI60ljlDrC6ZkPLE1eOXjRCJfM3fmRkulE7grYlW1FNj4XtnNimpR1Rqa4Y-tB7AHkskA1yww1iNaEZcuGoq2lNJvLhg1TWLtXe-B5lWgrNDebLaBG9i4fLw9BIPXo/s200/phaeolus.jpg)
moito ó longo da súa vida. Este exemplar era mozo, enchoupado e marron escuro debido á auga o día anterior e deslumbrante e amarelo logo de perder tanta humidade o día da exposición. O pequeno toxo é unha mostra de como ó crecer este cogomelo incorpora á súa estructura vexetación diversa. Podedes facer click coma sempre para ampliar. As manchas máis escuras son debido ó sobeteo inevitable. Aquí vos queda a foto desta curiosa beleza como despedida hoxe.
Graciñas de novo a todolos amigos que nos acompañaron, de parte de todo Refungando, e sorte no monte!!
Ler máis...