Coma sempre Davila quita punta e saca un sorriso de temas que moitas veces non teñen ninguna gracia. Coma neste caso, ca expansión imparable deste parásito dos nosos montes e cancro da nosa fermosa terra, afeada e enferma polas incontables plantacións que cada vez se van ampliando máis.
Esta especie foránea atopou en Galicia un lugar co clima ideal para desenvolverse con soltura e rapidez, o que o fai expandirse de maneira incontrolada polos nosos montes e parques naturáis (o das Fragas do Eume é de pena e unha vergoña para nós como galegos) desprazando monte autóctono ca diversidade biolóxica que o acompana no proceso. Todo en aras de gañar catro pesos rápido.
Nunca perdades ocasión de arrincar un brote desta praga cando o teñades a man (home, non vos metades nunha plantación privada a facer estragos, ó fin e ó cabo cada un fai co seu o que quere). O eucalipto bo é o que está arrincado ou en Australia. Deseucalipta Galicia. Iso si que fai rir.
Eucalipto go home!
Ler máis...
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
O xogo dos parecidos razoables
Xa que este outono non parece chegar e o verán non parece quererse ir, e que ata o de agora a tempada nos trouxo máis ben poucas alegrías despois dun prometedor arranque, imos ver se sacamos un par de sorrisos a costa dos cogomelos e graciñas a ó humor do debuxante Alberto Montt. Humor fino, fino. Hala, rapaces, a escachar...
Ler máis...
Ler máis...
O monte é de todos... Ou duns máis que de outros.
¡Manda carallo! ¡Ajárrame as gónadas Carmiña que me se caen ó chan! ¿Qué vos parece este incrible letreiro que asemella escrito polo mesmísimo manco de Lepanto?Tivemos a gran fortuna de atoparnos con esta incrible testemuña gráfica gracias a o blog do amigo Ferrán Arizcun e que foi publicada en El Correo Gallego en novembro de 2010. Tarde, pero chegou ás nosas mans.
Non sabemos onde foi tomada a fotografía, nen se o lugar era un coto de caza ou non. Se o sitio é un coto de caza, nada que obxetar, ata se agradece o aviso (e as faltas de ortografía) e, se a algún de vos se lle ocorre a feliz idea de ir apañar cogomelos nun coto, debería saber que anda xogando con lume. Agora ben, se iso non é un coto de caza...
En fin, que me quento, NO COMMENT. A imaxe xa fala por si soa. Ler máis...
O humor fúnxico de Davila: Xa hai cogomelos

Xa había tempo que non disfrutábamos da visión de Davila do mundo dos cogomelos. Nesta ocasión facendo hincapé neste tremendo arranque de tempada na que cantarelas (Cantharellus cibarius) e boletus (dos catro 5 estrelas: edulis, aereus, pinophilus e, do que máis, reticulatus) encheron os nosos montes como non o facían dende había xa anos. Seguro que moitos de vos sabedes de que vos falo. O título debería ser: "Xa hai unha man chea de cogomelos".
En todo caso, sabedes que nos gusta facer hincpé neste tema, procurade sempre levar para a casa o que vaiades a consumir, non setenta veces máis; que xa empezamos a ver cabesiñas pensantes (non tanto como para reponderse á pregunta ¿por qué coller menos cando podo apañar con todo?) con cestos cheos sen saber moi ben qué facer con eles. Iso si, para fachendear diante dos amigotes, os cestos cheos son o máis do máis. Xa sabedes, ese curioso mecanismo humano que nos leva sempre a ver quen a ten máis grande aplicado ós cogomelos.
Pero este final do verán tamén trouxo outras cousas, non só as primeiras aves de rapiña. Ó amigo Davila saiulle recentemente un bo cogomelo na casa: un miniño. Así que... ¡Noraboa papichulo! Ler máis...
¡Trufas brancas en Sierra Nevada...! ¿Ou non?
ACTUALIZADO: Gracias ós amigos micólogos Cristovo Ruíz Leivas e Xosé María Costa polas súas imaxes de Astraeus hygrometricus (de agora en diante, Tuber serranevadensis) que nos enviaron para ilustrar millor o noso artigo.
Ajarrade os machos (as féminas asíduas á páxina, por favor, apretade o sostén, que veñen curvas). O vídeo que ides a ver hoxe é todo un exemplo do que pode acarrexar subir ó monte con demasiada "alegría" de coñecementos. Trátase dun fragmento do programa Andalucía Directo, de Canal Sur, no que o experto en "trufas" Felipe López Raya, coñecido como o ‘Marqués de la Malafollá’, nos regala con unha clase maxistral de recollida deste manxar no fermoso paraxe andaluz de Serra Nevada. Primeiro o vídeo, logo comentamos a xogada que non ten que envidiar a ningunha das de Messi... Óllo á trufa branca!
¿Alguén veu algo raro? "¿Por qué se llama blanca si no es blanca?", di o sagaz reporteiro, que parece que sí. "¡Esto parece una castaña!" Esperade que me seque un pouquiño as lágrimas, que así non podo seguir escribindo... Ufff, xa. Agora, facede click AQUÍ para botar un ollo ó aspecto dunha trufa branca (Tuber magnatum) de verdade, por dentro e por fora. ¿Listo?
¿Quén non pagaría cincuenta machacantes por comerse un "delicioso" peido de lobo confitado? Claro está o feito de que ata Stevie Wonder se decataría que o que o noso amigo recolecta, cociña e vende, está moi lonxe de asemellarse sequera a unha trufa, e menos branca. O motivo, claro, é que NON é unha trufa. Se trata sen dúbida de dous exemplares inmaduros de algún gasteral, moi probablemente do xénero Astraeus (con bastantes papeletas, un hygrometricus, aínda que habería que velo completamente maduro). A capa exterior, o exoperidio, duro e de aspecto de coiro é típico deste xénero (de ahí o aspecto de castaña). Ó cortalo, deixa ó descuberto o endoperidio, branquecino cando novo, que é a capa interior deste cogomelo que garda as espóras (que cómo podemos ver cando o corta ademáis, xa están bastante maduras). Na didáctica imaxe de Cristovo, quen tamén nos comparte as súas sospeitas de que a "trufa" puidera tratarse de Myriostoma coliforme, arriba á esquerda, vese perfectamente o interior da "trufa" e as distintas capas, así como a masa das esporas. Pola nosa banda, aquí en Refungando, xa falamos deste fungo, botade un ollo.
Para ilustrar todavía máis o asunto, na fermosa imaxe que nos envía o amigo Costa, vemos tres exemplares de Astraeus en tres estadios de desenrolo: pechado á dereita en estado "trufil", maduro no centro e a medio abrir á esquerda.
En fin, amigos, unha proba máis de que hai que ter un extremo coidado en quen depositamos a nosa confianza cando de cogomelos se trata, e de que pulula polo mundo adiante MOITA xente que pensa que sabe de cogomelos e que realmente coñoce o mesmo dos nosos amigos que da física cuántica. Por oitro lado, tirón de orellas novamente ós medios de comunicación pola súa deficiente labor no traballo de documentación á hora de informar á xente nesto da micoloxía porque, amigo reporteiro, se unha trufa branca parece unha castaña, escribir en Google "trufa branca" e botar un ollo non costa un carallo. Anos de periodismo, ¿para isto?
¿Cánta xente despois de ver esta reportaxe non iría correndo a probar esta ambrosía? ¿Quitará o noso amigo ó cociñalo o correoso exoperidio ou haberá que roelo como sola de zapato? ¿Qué tal estará a fina textura da masa esporal na boca ó masticalo? Hmmm...
As respostas a todas estas preguntas, en Serra Nevada, por tan só 50 €. Mamma mía...
P.D.: Gracias a José Manuel Castro Marcote polo chivatazo e as risas, tan necesarias nestes tempos. Ler máis...
Ajarrade os machos (as féminas asíduas á páxina, por favor, apretade o sostén, que veñen curvas). O vídeo que ides a ver hoxe é todo un exemplo do que pode acarrexar subir ó monte con demasiada "alegría" de coñecementos. Trátase dun fragmento do programa Andalucía Directo, de Canal Sur, no que o experto en "trufas" Felipe López Raya, coñecido como o ‘Marqués de la Malafollá’, nos regala con unha clase maxistral de recollida deste manxar no fermoso paraxe andaluz de Serra Nevada. Primeiro o vídeo, logo comentamos a xogada que non ten que envidiar a ningunha das de Messi... Óllo á trufa branca!
¿Alguén veu algo raro? "¿Por qué se llama blanca si no es blanca?", di o sagaz reporteiro, que parece que sí. "¡Esto parece una castaña!" Esperade que me seque un pouquiño as lágrimas, que así non podo seguir escribindo... Ufff, xa. Agora, facede click AQUÍ para botar un ollo ó aspecto dunha trufa branca (Tuber magnatum) de verdade, por dentro e por fora. ¿Listo?
¿Quén non pagaría cincuenta machacantes por comerse un "delicioso" peido de lobo confitado? Claro está o feito de que ata Stevie Wonder se decataría que o que o noso amigo recolecta, cociña e vende, está moi lonxe de asemellarse sequera a unha trufa, e menos branca. O motivo, claro, é que NON é unha trufa. Se trata sen dúbida de dous exemplares inmaduros de algún gasteral, moi probablemente do xénero Astraeus (con bastantes papeletas, un hygrometricus, aínda que habería que velo completamente maduro). A capa exterior, o exoperidio, duro e de aspecto de coiro é típico deste xénero (de ahí o aspecto de castaña). Ó cortalo, deixa ó descuberto o endoperidio, branquecino cando novo, que é a capa interior deste cogomelo que garda as espóras (que cómo podemos ver cando o corta ademáis, xa están bastante maduras). Na didáctica imaxe de Cristovo, quen tamén nos comparte as súas sospeitas de que a "trufa" puidera tratarse de Myriostoma coliforme, arriba á esquerda, vese perfectamente o interior da "trufa" e as distintas capas, así como a masa das esporas. Pola nosa banda, aquí en Refungando, xa falamos deste fungo, botade un ollo.
Para ilustrar todavía máis o asunto, na fermosa imaxe que nos envía o amigo Costa, vemos tres exemplares de Astraeus en tres estadios de desenrolo: pechado á dereita en estado "trufil", maduro no centro e a medio abrir á esquerda.En fin, amigos, unha proba máis de que hai que ter un extremo coidado en quen depositamos a nosa confianza cando de cogomelos se trata, e de que pulula polo mundo adiante MOITA xente que pensa que sabe de cogomelos e que realmente coñoce o mesmo dos nosos amigos que da física cuántica. Por oitro lado, tirón de orellas novamente ós medios de comunicación pola súa deficiente labor no traballo de documentación á hora de informar á xente nesto da micoloxía porque, amigo reporteiro, se unha trufa branca parece unha castaña, escribir en Google "trufa branca" e botar un ollo non costa un carallo. Anos de periodismo, ¿para isto?
¿Cánta xente despois de ver esta reportaxe non iría correndo a probar esta ambrosía? ¿Quitará o noso amigo ó cociñalo o correoso exoperidio ou haberá que roelo como sola de zapato? ¿Qué tal estará a fina textura da masa esporal na boca ó masticalo? Hmmm...
As respostas a todas estas preguntas, en Serra Nevada, por tan só 50 €. Mamma mía...
P.D.: Gracias a José Manuel Castro Marcote polo chivatazo e as risas, tan necesarias nestes tempos. Ler máis...
O humor fúnxico de Davila: Riscos micolóxicos

Logo da chea de intoxicacións que vivimos o ano pasado (e as que virán o que ven, lembrade isto), non está de máis concienciar un pouco á xente da perigosidade desta actividade. ¿E qué millor que unha viñeta do amigo Davila para tales menesteres? Amigos micófagos, non sexades larpeiros, aplicade a dúbida cartesiana ás vosas recollidas e, en caso da máis mínima vacilación, consoládevos con un bocadillo de chourizo. Ese non falla, seguro. Ler máis...
O humor fúnxico de Davila:Tropezóns...
Sen palabras. Mira que o vin veces, pero cada vez que miro para o prato, me entra a risa frouxa.Fantástico o amigo Davila, unha vez máis... Ler máis...
O humor fúnxico de Davila: Esas phalloides...
Veña lo. Xa que no último post nos puxemos un pouco serios e vos metemos un pouco de medo no corpo (e ben fixemos, o medo é a primeira barreira de defensa que temos ante o que sexa), imos ahora a relaxar un pouco o ambiente co cogomelo de moda. Da man do amigo Davila, que sempre nos arranca unha sonrisa, vos traemos esta tira para o voso deleite.E xa que estamos, aproveitamos para refungar un pouco; lembrade este outono:
- NON arramblar con todo canto vexades. Ainda que non o entendas, tamén da o seu gustiño deixar cousas no monte.
- Coller tan só o que necesitedes para consumir; a micoloxía non é un vulgar concurso de "cestas cheas".
- Deixar estar o que descoñezades. Os cogomelos non traen nome debaixo con etiqueta, así que se non os ides a estudar, deixádeos estar, que o monte da pena de ver cogomelos estragados.
- ¡¡Levade unha cesta, por Deus!!! Estamos en Galicia, non é tan difícil conseguir unha. Da grima ver os cogomelos en bolsas de plástico e caixas de poliespán.
- Deixade estar os tubos dos boletos no monte, sobre todo se xa están maduros. Non sexas palanquín e contribue a esparexar a súa semente. As de ser dos primeiros en chorar cando non queden.
O humor fúnxico de Davila: Pirómanos
Este verán está sendo, micolóxicamente falando, un auténtico lixo. Despois de tres ou catro anos de fabulosos periodos estivais (menos para os cazabronceados, claro), xa o ano pasado se notou un importante descenso na aparición de cogomelos de verán. Alá van aqueles fantásticos Boletus Pinophilus ou as Amanitas caesareas que a natureza nos regalaba xa dende xuño en anos anteriores. Non hai ningún misterio nesto (Iker, tranquilo!), os dous últimos veráns, este especiamente, viñeron ben escasos de chuvias e, sen humidade, os cogomelos quedan na casa.O que ocorre e que cando se van os cogomelos aparece oitra especie nos nosos montes ben despreciable: os pirómanos. Por suposto que non se lles pode atribuir tódolos incendios que ocorren na nosa comunidade. Campistas despistados, labregos facendo queimas dos refugallos do campo, churrasqueiros de domingo... En todo caso non hai intencionalidade, se ben sí poucos miolos.
Pouco a pouco nos quedamos sen montes. Moito do queimado non se recuperará (desidia, intereses económicos, a inexistente e imposible relación de armonía entre os galegos e a súa terra...). Sempre nos queda mentar os mortos dos pirómanos que, sen eufemismos e palabras rimbombantes, son uns auténticos fillos da gran puta e merecen arder co monte que queiman.
Pero non vaiades apensar que nos deixamos levar pola desilusión do cheiro a madeira queimada e as cinsas que manchan a nosa pel. Nin ca boca negra fartos de barrantes. Dende Refungando temos en mente a creación dunha carballeira micorrizada en Ribeira como primeiro paso para recuperar, ainda que un cachiño sea, do monte que herdamos dos nosos devanceiros. Xa vos contaremos como vai indo a cousa que, por agora, marcha sobre rodas. Sempre se pode facer algo, sempre se poden remover conciencias e educar á unha sociedade que está ben lonxe dos problemas medioambientais que ten na súa propia casa: Galicia.
Esperamos que o amigo Davila vos arrancara unhas boas risas, porque estes montes de merda a nós non nos fan ningunha gracia.
Refunga. Loita. Pranta unha árbore.
- Ler máis...
O humor fúnxico de Davila... O conto dos Monguis e a Cucaracha
Esta entrada imos adicarlla ó noso secretario no exilio, que dende Portugal nos segue na distancia a través das ondas cibernéticas, e que é un experto neste xénero. Os seus estudos endexamáis serán publicados, debido á súa mala letra, pero estudiar, estudiou ben os efectos das sustancias producidas por estes cogomelos no seu corpo para maior gloria da ciencia, de maneira altruista e expoñendo a súa integridade física ó incerto dos efectos na súa mente deste coñecido xénero de fungos. Ahí é nada. Un home con peito. Un heroe. Vai por ti, Telmo.Ler máis...
O humor fúnxico de Davila... Vimos ó que vimos, ¿ou?
O máis raro que eu mesmo me atopei no medio do monte, no medio da serra do Barbanza, foi unha pelota de golf (se deixamos de lado, claro, todo tipo de electrodomésticos, que case habería que clasificar coma "especie" protexida galega). Ó millor Tiger Woods, na súa búsqueda por desintoxicarse do sexo (Manda carallo, non sabía eu que iso intoxicaba!) veu dar a tan recóndita paraxe para desconectar, reencontrarse co golf e a natureza, ou que sei eu. Se no lo atopamos prometemos facerlle unha entrevista para Refungando.Pero bueno, que se me vai a cabesa divagando; vimos ó que vimos. Botar unhas risas. Ler máis...
O humor de Davila: Valiosas ensinanzas
Ano novo, novas esperanzas, e novos baldes de bos propósitos. Propóñovos un: facer coma o sabio pai da viñeta de Davila e arramplar con canto eucalipto se vos cruce por diante e poidades arrancar cas mans. Exercitas o lombo e brazos e limpas o monte de malas herbas. Eso é salud e non o colchón de LoMonaco. E ademáis da un gustiño... Eso sí, se ademáis plantades un carballo ou un castiñeiro xa é o acabose.
Ler máis...
Humor Fúnxico 100% galego da man de Davila
Como non todo van a ser penas e hipotecas nesta vida miserenta, e coa inestimable axuda do humorista gráfico galego Luis Davila, imos tentar dende Refungando intoxicarvos (de risa) de cando en cando con algunha das ocurrencias de este home sobre o mundo dos fungos. Ahí vos vai a primeira mostra do que falamos... Xa sabedes, a refungar sen parar cos que arrasan o monte!! Non descansamos nin no solsticio de inverno!!

P.D: Graciñas Luis, Dios cho paje que nós xa cho pajaremos ben con bos cogomelos! Ler máis...

P.D: Graciñas Luis, Dios cho paje que nós xa cho pajaremos ben con bos cogomelos! Ler máis...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
