Veña lo. Xa que no último post nos puxemos un pouco serios e vos metemos un pouco de medo no corpo (e ben fixemos, o medo é a primeira barreira de defensa que temos ante o que sexa), imos ahora a relaxar un pouco o ambiente co cogomelo de moda. Da man do amigo Davila, que sempre nos arranca unha sonrisa, vos traemos esta tira para o voso deleite.
E xa que estamos, aproveitamos para refungar un pouco; lembrade este outono:
- NON arramblar con todo canto vexades. Ainda que non o entendas, tamén da o seu gustiño deixar cousas no monte.
- Coller tan só o que necesitedes para consumir; a micoloxía non é un vulgar concurso de "cestas cheas".
- Deixar estar o que descoñezades. Os cogomelos non traen nome debaixo con etiqueta, así que se non os ides a estudar, deixádeos estar, que o monte da pena de ver cogomelos estragados.
- ¡¡Levade unha cesta, por Deus!!! Estamos en Galicia, non é tan difícil conseguir unha. Da grima ver os cogomelos en bolsas de plástico e caixas de poliespán.
- Deixade estar os tubos dos boletos no monte, sobre todo se xa están maduros. Non sexas palanquín e contribue a esparexar a súa semente. As de ser dos primeiros en chorar cando non queden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario