Pontevedra se empapa de micoloxía: Xornadas de Brincabois

A micoloxía volve a ser protagonista este outono, esta vez, en Pontevedra. A Asociación Micolóxica Brincabois arranca o seu ciclo de conferencias este ano o día 25 de outubro ás 20:30 con unha interesante "Iniciación á micoloxía" a cargo de Puri Lorenzo. O cilo de conferencias seguirá os días 26, 27 e 28 e 29 deste mesmo mes, sempre ás 20:30 na Residencia de estudiantes Caixanova de Pontevedra.

A variedade de temas a tratar é neste caso o punto forte destas conferencias, que tocarán temas tan varioppintos como a fotografía (día 26, "Aspectos a resaltar da fotografía micolóxica", Amancio Castro), a iniciación (día 27, "Principais cogomelos comestibles e velenosos", Jaime Blanco), o audivisual (día 28, "O mundo dos cogomelos", diaporama obra de Santi Corral) ou a cociña (día 29, "Cociña práctica de cogomelos", José Luís Tomé). ¡Non diredes que non hai onde elixir!

Pero isto non é todo amigos, para máis información detaiada das actividades que teñen preparadas os compañeiros de Brincabois, facede click na imaxe do cartel e servídevos vos mesmos.

Galicia ferve de actividade micolóxica e, dende Refungando nos facemos eco para facilitarvos o acceso ó sempre fascinante mundo dos cogomelos. Non nos cansaremos de repetir que non desaproveitedes estas ocasións para iniciarvos, aumentar coñecementos e maravillarvos ca beleza que esconden os fungos.

¡Vémonos as lamelas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails