O outono de Amanita Phalloides: Síndrome faloidínico

Tódolos anos hai algún que oitro caso de intoxicación por consumo de Amanita phalloides (na, imaxe, cortesía de Wikipedia), pero este outono, especialmente, a cantidade de intoxicados é alarmante. Alarmante porque cando un lle busca motivos a tal despropósito, e pode haber unha lista de moitos, o que si está claro é que o cada vez maior número de persoas que se botan ó monte sen a preparación e os coñecementos necesarios está na cabeza desa lista. Podemos esperar en anos por vir un incremento no número de casos por tempada. Veredes se non.

Sobran casos de intoxicacións (máis ou menos graves) este outubro que nos toca: O caso dos 9 tailandeses intoxicados en Soria, catro membros dunha familia en Vizcaya, e os catro membros dunha familia de Guadalajara (matrimonio e fillos)... E isto todo antes da morte aquí en Sanxenxo esta semana dun home de 84 anos, como colofón a un outubro negro en canto a intoxicacións.

Todos sabemos que a escalada libre é perigosa, que facer balconing nas piscinas dos hoteis pode ser perxudicial para as nosas costelas, que acariciarlle o fuciño a un caimán famento non é moi recomendable... pero cando se trata dos cogomelos parece que á xente ese sentido "arácnido" que lle debería advertir a un que está a xogar con lume, se desactiva. Non se é consciente de que se pode perder a vida por un simple erro. Por suposto, xoga en contra nosa esa falsa seguridade que nos ofrece a ignorancia ignorada, o propio descoñecemento dos límites dun mesmo. I é que si algo aprende un canto máis sabe de cogomelos, e do pouco que sabe realmente e do que lle queda por aprender.

Esa relaxación á hora de recolectar cogomelos provoca que a maioría da xente, a inmensa maioría, identifique os cogomelos coma se fosen froita, con unha simple ollada por riba, sen pararse sequera un momento a observar maís ou menos detidamente o que teñen na man. Exceso de seguridade e confianza, que se acentúan co paso do tempo, sen que a un lle ocorra "nada".

Por iso imos falar hoxe deste tipo de intoxicación: O síndrome de intoxicación faloidínico pertence ós chamados síndromes de incubación larga, isto é, os primeiros síntomas se presentan moito tempo despois do consumo do cogomelo, tempo no cal a toxina non deixa de actuar polo cal cando o intoxicado presenta as primeiras dolencias hai xa moito dano feito. Para a descripción deste e o seu tratamento, seguiremos o recomendable libro de Régis Courtecuisse-Bernard Duhem, "Guía de los hongos de la Península Ibérica, Europa y Norte de África". Pincha abaixo en ler máis para seguir o artigo...


SÍNDROME FALODÍNICO

Aparece varias horas despois da inxestión (entre 6 e 12 horas). As especies responsables son as amanitas mortais (A. phalloides, A. virosa, A. verna e os seus satélites directos) ó igual que oitras especies que recentemente se ve que interveñen en estos síntomas (Prof. Andary, Montpellier): especialmente as lepiotas pequenas (Lepiota helveola, L. josserandii, L. brunneoincarnata, L. bruneolinacina, L.pseudohelveola, L. subincarnata, L. helveoloides) e las galerinas próximas a galerina rebordeada (G. marginata, G. autumnalis, etc.), sosias da foliota cambiante, excelente comestible). A oronxa verde (A. phalloides) é a culpable do 95% das intoxicacións mortais por inxestión de fungos. Así pois, é imperdoable non conocela cando se pretende recolectar e consumir fungos silvestres.

Sintomatoloxía

Os primeiros síntomas consisten en molestias respiratorias, vértigos, un malestar indefinible. Despois se manifesta unha fase de gastroenteritis aguda con vómitos violentos e dolorosos, unha diarrea abundante de tipo colérico, fétida e líquida, e sinales de intensa deshidratación que poden causa-la morte por colapso cardiovascular (aquí é onde debedes preguntarvos si coñecedes suficientemente ben este cogomelo e cómo solucionalo se non é así). Esta fase dura ata o terceiro ou cuarto día da intoxicación. Despois lle sucede unha enganosa fase de remisión aparente. Ás veces o enfermo reemprende as súas actividais normais. A fase seguinte é un ataque hepático que de feito xa había comezado dende as primeiras 24 horas e que se manifesta varias veces. Os sinais deste ataque (presentes moi pronto e que se debilitan logo) se descubren mediante análises biolóxicas (transaminasas, lacticodeshidroxenasas). Ás veces, o paciente sufre dores hepáticas e pode poñerse de manifesto unha hepatomegalia. A fase finl se presenta, cómo máis pronto, ós 6 días despois da inxesta. O desenlace é favorable se a cantidade inxerida foi escasa e se o tratamento se aplicou moi cedo. Neste caso, a curación con frecuencia se produce sen deixar secuelas, pero xeralmente unha hepatitis gravísima soe preceder á morte.

Tratamento

O tratamento é tamén problemático. De feito, existe unh ampla polémica entre os tratamentos "oficiais" realizados por equipos dtoxicolóxicos e a medicina hospitalaria e o tratamento "empírico" dodoutor Bastien, xeneralista de provincias que se envelenou -e curou- varias veces voluntariamente para probar que o seu tratamento era eficaz. Os primeiros son bastante pesados de poñer en práctica e teñen unha eficacia ó parecer inconstante. O segundo, extremadamente simple e sen efectos secundarios, nunca matoua ninguén se si salvou a persoas tratadas a tempo (hai que insistir que este tratamento é realmente eficaz cando se administra MOI PRONTO). Consiste en inxectar vitamina C (intravenosa) e administrar antisépticos intestinales (@ Ercefuryl) e un antibiótico (@ Neomicina) e eventualmente antieméticos para calmar os vómitos. Cada intoxicado ten o dereito a exigir a aplicación do tratamento Bastien, que, polo visto, lle proporciona un máximo de posibilidades de supervivencia (sempre e cando a súa aplicación comeze suficientemente cedo). Este tratamento non se aplica de forma sistemática e inexplicablemente, algúns hospitais que o practican o teñen abandoado na actualidade.

Como puidestes observar, a cousa non che é unha broma e, por difícil que nos pareza confundir unha Amanita phalloides con nada, sempre hai algún que pica. Lembrade que existe unha variante branca de este cogomelo (A. phalloides var. alba), co cal as confusións poderían darse con máis facilidade entre os incautos con algún champiñón ou russula.

De todas formas e para evitar dalgunha maneira estas confusións recordade que como regla xeral habemos de escapar de calquer cogomelo con: lamelas brancas, pé branco, anel e volva. Non tódolos cogomelos que presentan esas características son mortais pero sí que moitos son tóxicos, entre eles A. phalloides . Máis vale pasarse por exceso que por defecto.

Esperamos non ter que escoitar máis veces este ano novas de intoxicacións ainda que tal como está o monte (¡¡¡e habemos de refungar por elo!!!) moito nos tememos que non serán os últimos este ano.

Lembra que nalgún lugar do monte pode haber unha A. phalloides esperándote. Aprende a coñecela.

1 comentario:

  1. Nin níscalos,nin champiñóns ,nin proceras nin boletos,o 1º cogumelo que debe de recoñecer calquer principiante e a Amanita Phalloides e as suas variantes,recordade LAMELAS BRANCAS,PE BRANCO(a veces con tonos verde oliva),VOLVA EN FORMA DE SACO (esta e crucial).
    Si tedes a más mínima duda ante un champiñón (sin volva e lámelas rosáceas ou marrons) ou Russula Virescens (sin anei,sin volva e o pé parte coma unha tiza),tiradea directamente ó lixo.
    Se ides pescar e capturades un peixe que non coñecedes,¿comédelo?,pois con esto igual....ou peor.

    Saudos e vémonos o 6 e mailo 7 de Novembro,ímolo a pasar teta.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails