Cara a cara: Lactarius deliciosus VS Lactarius quieticolor

Xa falamos o seu día de Lactarius quieticolor e explicamos as diferencias entre este e Lactarius deliciosus. Este ano ambalas dúas especies se adiantaron un pocuo do normal e, por suposto, volvei a xurdir a eterna pregunta ¿Deliciosus ou quieticolor? Despois da explicación macroscópica de rigor, ante a cara de "me se vai a olvidar em 5, 4, 3,...", sempre digo que a millor maneira é telos ambos diante. Unha imaxe vale máis que mil palabras, porque a sutileza é o muro que separa estas especie tan próximas. E hoxe iso é exactamente o que imos a facer. Imos poñervos diante, xuntiños, pero non revoltos, estes dous cogomelos tan semellantes. Cara a cara, face to face.

Por suposto, tivémola sorte, e aproveitámolo, de atoparnos varios exemplares non demasiados maduros das dúas especies e por riba bastante representativos. Que vos quede claro que as diferencias poden non ser tan claras e deberemos botar man, por exemplo, do cambio de color de latex de L. quieticolor para asegurarnos. Pero así, a bote pronto, con tan só unha fotografía, ¿cal diriades que é cal?

Si pensas que Lactarius deliciosus é o da dereita, estás errado. Lactarius quieticolor é a especie do tres cogomelos á dereita, mentres que os tres da esquerda son exemplares de Lactarius deliciosus. Ahora sí se ven as diferencias, ¿non si? L. deliciosus presenta cores maís vivas e intensas, mentres que os laranxas de L. quieticolor soen ser máis apagados , laranxa agrisados.
Doutra banda L. deliciosus raramente ten o pé liso, sen escrobículas (ese pequenos "cráteres" no pé), mentres que a L. quieticolor lle ocorre o contraio: o pé aparece raramente escrobiculado.
Ademáis, L. deliciosus soe acadar maiores tamanos, fixádevos como na imaxe o L. quieticolor maís grande está xa ben desenvolto, mentres que os L. deliciosus máis grandes, todavía novos, teñen todavía bastante marxe para aumentar o seu tamano.

Na segunda das imaxes se invirten os paeles: á esquerda, nunha curiosa pero non infrecuente imaxe, dous L. quieticolor medran fundidos polo pé; á dereita os L. deliciosus. Nesta imaxe se pode apreciar perfectamente a diferencia nos pés. En L. quieticolor, as escrobículas se presentan pouco marcadas e escasas, mentres que nos pés de L. deliciosus, estas marcas son máis evidentes, de cores máis vivas, e numerosas. ¿Hai ou non hai diferencia?

Para maís información podedes pinchar aquí en "Lactarius quieticolor" , porque hasta aquí chega este pequeno apunte de hoxe, no que tratamos de aclarar unha das dúbidas máis comúns de moitos afecionados. .Vos diredes se o conseguimos ou non, eso xa queda nas vosas mans. Nós, namentres, seguiremos entre piñeiros e carballos, refungando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails