Estos días saeu nos medios unha noticia que ven a conto do tema dos minerais pesados e a súa absorción polos cogomelos que xa comentamos hai pouco cando falamos de Macrolepiota Procera. No estudo (ver vídeo da nova) levado a cabo por investigadores da Universidade de Castilla-La Mancha se observaron os distintos factores que inflúen na presencia de metais pesados en distintos cogomelos (sutrato de recolleita dos cogomelos, área de aparición e especie recollida ) e o resultado é un pouco sorprendente.
O estudo realizado sobre un centenar de carpóforos de doce especies distintas revelou que a especie estudada pode ser máis determinante que oitros factores como os arriba citados. Ou sexa, á hora de saber que cogomelos teñen unha maior concentración de metais pesados o que máis inflúe máis é a especie, non o lugar no que se recolle. Según este traballo, destas 12 especies, Cantharellus Cibarius sería a máis sensible ó neodimio e chumbo (do primeiro presenta 7,1 microgramos [1 microgramo = 0,000001 gramos] por gramo e o segundo, 4,8 microgramos por gramo).
Oitra das setas con maiores concentracións destes metales é Hypholoma Fasciculare (tóxica e moi común, na imaxe da esquerda) na que apareceron nin máis nin menos que 3,6 e 4,1 microgramos por gramo de torio e uranio. Para facerse unha sopa con eles, vamos.
O certo é que agora vaise a comezar unha nova fase deste estudio no que se analizará a a presencia de 19 elementos químicos en 15 especies de setas comestibles e que debería botar algo de luz sobre este tema que a todos nos interesa (recordemos que os metais pesados teñen a habilidade de irse acumulando no noso organismo co tempo...).
Estaremos ó tanto do que este novo estudo nos poda aportar ó noso coñecemento de este fascinante mundo aparte que é o Reino Fungui para servírvolo en bandexa en Refungando.
Deica refungóns!!!
Contaminación dos cogomelos: ¿inflúe máis o sitio de recolleita ou a especie?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario