
Unha das celebracións micolóxicas de outono máis veteranas da xeografía galega se pon en marcha este
25 de outubro. A semán micolóxica de celanova, organizada pola
Asociación de mulleres rurais Maravalla e a
Oficina Agraria Comarcal de Celanova, nos trae este ano unha completa e variada colección de temáticas relacionadas como non, co mundo dos fungos. Cultivo de cogomelos, actualidade micolóxica galega, novos cogomelos galegos e a sorprendente ó tempo que xusta e necesaria actividade
Micoloxía para xornalistas. Máis de un debería acudir presto para evitarnos dentro de pouco titulares que poñan en evidencia o vello dito de "oir campás e non saber onde". Titulares que veremos, por suposto.
Da man de
Marisa Castro,
Jaime Blanco,
Carlos Suárez ou, como non, os artífices e parturientos na sombra destas xornadas,
Ricardo e Alexandre Mínguez, este ano dende Celanova temos a oportunidade de aprender un moito sobre este esbaradizo, cambiante e sorprendente mundo dos fungos.
A continuación vos deixamos o programa detaiado para que vaiades facendo hocos na vosa axenda. Non para a divulgación na nosa comunidade, boa sinal, ¿non si?
PROGRAMA DAS XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DE CELANOVA (2010)
Día 25 de outubro, luns
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Experiencia de cultivo en Pontefechas, Celanova.
Ponente: Ricardo Mínguez Abajo.
Día 26 de outubro, martes
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal.
Ponente: Marisa Castro Cerceda.
Día 27 de outubro, mércores
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Novos cogomelos Galegos. Nomenclatura.
Ponente: Jaime Blanco Dios
Día 28 de outubro, xoves
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: 25 anos de cogomelos en Celanova e 25 bos comestibles
Ponente: Carlos Suárez Santalices.
Día 29 de outubro, venres
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Actualidade Micoloxica Galega. Nove ducias de cogomelos.
Ponente: Alejandro Mínguez González.
Día 30 de outubro, sábado
Saída ao campo para a recollida de exemplares.
Micoloxía para Xornalistas. (En colaboración con Flower Power)
Clasificación.
Degustación.
Día 31 de novembro, domingo
Exposición de exemplares reais e obxectos relacionados con cogomelos.
Horario da exposición: 11:30 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
Entrega de diplomas (Xunta de Galicia).
Colabora: Isabel Mociño González.
ORGANIZAN: Asociación de mulleres rurais Maravalla
Oficina Agraria Comarcal de Celanova
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de Cultura de Caixa Galicia de Celanova (Rúa Emilia Pardo Bazán)
CONTACTO:cogomelosdegalicia@gmail.com
Ler máis...