Tódalas charlas se celebrarán no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, na praza de Curros Enríquez, ás 20:30 horas...
- 22 de Outubro: "Iniciación á Micoloxía" (Jaime Blanco Dios).
- 23 de Outubro: "Principáis cogomelos comestibles e velenosos"(Jaime Blanco Dios).
- 24 de Outubro: "Creación dun Xardín Micolóxico" (Puri Lorenzo).
- 25 de Outubro: "Os cogomelos na cociña. O Xénero Cantharellus" (José Luis Tomé).
- 26 de Outubro: "Os cogomelos e o seu Hábitat" (Antonio Rigueiro).
O sábado 27, para os cus máis inquedos, os compañeiros de Brincabois nos guiarán a traves dun roteiro micolóxico no Parque Deportivo do CAsino Mercantil e Industrial, en Cons (Mourente), Pontevedra. O horario será de 10:00 a 13:30.
Ademáis do anterior, tódolos luns e martes dende o 1 e 2 de outubro ata o 17 e 18 de decembro ambos inclusive, Brincabois se pon a disposición dos afecionados que necesiten algunha axuda nas súas identificacións: os luns, no Bodegón Arca (c/ Álvarez Limeses) e os martes no Centro Social do Gorgullón (c/ Curtidoira).
Ahí queda iso. Tedes toda a información, coma sempre premendo na imaxe do cartel. E tempo de aprender algo máis dos membros do Reino Fungi, aquí tedes todo o que precisades. Ata agora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario