Este sábado 20 de Outubro o amigo Xosé María Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo será o anfitrión de todos aqueles que vos achegedes polo Centro Sociocultural de Conxo para embarcaros nunha aventura micolóxica dun día.
Pola mañanciña, ás 9:30, comezará a xornada cun Roteiro Micolóxico ó monte Pedroso, en Santigo de Compostela. A saída será dende o centro sociocultrural de Conxo.
Xa despois de recuperar forzas e botar unha boa sesta, ás 17:30 se procederá no devandito Centro Sociocultural á identificación dos cogomelos recollidos no roteiro da mañá.
Por último, e logo da sesión de identificación, pechará o día unha interesante conferencia sobre a Identificación e o Estudo dos cogomelos.
Xa estades collendo botas, cesto e navalla que o outono está agora mesmo a dar o millor dos seus froitos, tanto en cantidade como en variedade. Unha ocasión esta que nin pintada para coñecer de primeira man unha man chea de cogomelos distintos.
P.D.: A fotografía de Chlorociboria aeruginascens protagonista do cartel, simplemente abraiante. ¡Qué fermosura!
Vémonos pronto... refungando polo baixiño...
O final foi un día de xornada micoloxica. Podedes ver algunhas fotos neste enlace:
ResponderEliminarhttp://cogumelandia.blogspot.com.es/
Saudo "Funguiño"
Hey! Que tal alimaña! Vexo que andas a atopar bos cogomelos pola túa bisbarra! A ver se te animas e nos visitas na nosa Semana Micolóxica!! É unha orde.
ResponderEliminarUn saúdo amigo!
Que pasa!Se hace lo que se puede,jeje. Tenía pensado darte un toque estos días!Ya te llamo para quedar y hacer una salidita al monte para arrasar tu bisbarra!jeje
ResponderEliminarSaluditos y sigue el blog