Nunha saída que Refungando organizou para os seus socios esta primavera, tivemos a oportunidade non so de visitar as verdes terras de Celanova e arredores, senon tamén de deixarnos caer nas instalacións da granxa de cultivo de cogomelos recentemente creada Pan do Demo para interesarnos polo cultivo comercial dos nosos amigos. Como veredes a continuación, a producción dos seus invernadoiros está a día de hoxe completamente adicada ó cultivo de Pleurotus ostreatus, pero nun futuro próximo a variedade de especies cultivadas se verá incrementada ca inclusión de novas especies.
Pero, ¿quen millor que o noso anfitrión aquel día, que ademáis dunha enorme paciencia cas nosas preguntas, ten un gusto no vestir admirable como veredes no seguinte video, para contarnos un pouco os traballos e dificultades do cultivo comercial de cogomelos? Pois nada, con todos vos, o responsable do bo facer de Pan do Demo, Borja Mínguez:
Estos da Telegaita si que saben. Cando nos tivemos a oportunidade de visitar as instalacións de Pan do Demo, desgraciadamente xa se recollera toda a producción, pero hoxe temos a oportunidade de comprobar o aspecto dos invernadoiros de Pan do Demo en todo o seu esplendor, cortesía do noso amigo Alejandro Mínguez. Fixádevos neses exemplares da imaxe da dereita bañados pola verdosa luz do invernadoiro que o imprime todo. Fermosa estampa, ¿non si?
Como se comenta na entrevista, a empresa de Celanova está xa en fase de probas con novas especies, coma o Agaricus Bisporus (o champiñón de sempre do supermercado), cuios resultados podedes observas na seguinte das imaxes cos primeiros exemplares asomando entre o compost jritando "¡levádeme á tixola!".
Por certo, se estades interesados nun tour coma o noso, Pan do Demo organiza visitas guiadas a grupos
de particulares e colexios. Ademáis, tamén podedes adquirir un deses apetecibles sacos productores para a vosa casa ou restaurante. Nos, por suposto, non perdemos a oportunidade e arramplamos co que había. E, se vos estades a preguntar que tal de producción, non tedes máis que botar unha ollada a un dos sacos que se veu con nos para Ribeira na imaxe da dereita. Botaron por fora.
Para calquera dúbida, concertar unha visita, ou petición de saco, só tedes que poñervos en contacto cos amigos de Pan do Demo nalgún destes números:
88431335 - 651014225
Un consello: se estades interesados en organizar unha visita, ¡millor procurade que coincida cando a colleita estea a punto!
Antes de poñer punto final, en nome de Refungando, e máis especialmente no de todos os que ese día nos desplazamos ata aquelas fermosas terras, quixera dende eiquí facer chegar o noso agradecemento a Alejandro Mínguez, que ese día se tranformou para nos no millor guía turístico da bisbarra celanovesa e en grandísimo anfritión. ¡Graciñas!
Ler máis...


