Nese fermoso e interesante vídeo seremos testigos da evolución desta seta hasta completar o seu ciclo. Podemos ver perfectamente como o veo que cubre o himenóforo (neste caso, as lamelas) se rompe co crecemento do sombreiro e forma pouco a pouco o anel característico. Este proceso é común a todas as setas con anel (macrolepiotas, agaricus, ou algún boleto coma Suillus luteus...).
Ler máis...Fungo de fungos: Hypomyces Lateritius

Van xa tres tempoadas que me levo atopando con este curioso fungo cada ano, pero non foi ata ben pouco que dín ca solución ás miñas dúbidas acerca del. O caso e que de cando en cando me atopaba (fai un par de semanas sen ir máis lonxe) con algún lactarius deliciosus (níscalo) que non se axeitaba á descripción tipo da especie. Aparecía sempre entre outros níscalos, pero a súa forma era moito máis irregular e "grotesca", co sombreiro e pé adoptando caprichosas deformidades; o máis curioso era que non tiña lamelas, ou estas estaban atrofiadas de maneira que o himenio recordaba vagamente a cantharellus cibarius (cantarelo), só que estaba cuberto por unha sorte de costra blanca de aspecto mofoso. Polo demáis, posuía todolos caracteres de lactarius deliciosus.
A cuestión era entón, ¿estaba ante algún tipo de lactarius que descoñecía, ou ben algún tipo de fungo parasitaba a lactarius deliciosus? A solución habíaseme de presentar ó encontrar por casualidade a foto dun destes níscalos nunha páxina micolóxica. Hypomyces Lateritius parasitaba aquel níscalo. Este fungo ataca o himenio do níscalo, provocando a desaparición das lamelas do fungo parasitado e creándolle irregularidades no crecemento, provocando que a carne tome una coloración blanquecina e unha consistencia máis dura, perdendo o seu aspecto máis típico.
A pesar do seu aspecto máis ben pouco apetitoso, Hypomyces Lateritius é prácticamente inocuo para o fungo parasitado o que fai estes níscalos comestibles como calquera outro. De feito, en Cataluña se lle coñece ó níscalo parasitado como "nai do robellón" ou "robellona" e considérase que o sabor do níscalo se ve potenciado pola parasitación, facendo destes níscalos unha pequena xoia culinaria para os amantes dos lactarius (de feito, non só parasita lactarius deliciosus, senón outros membros da familia como lactarius sanguifluus).
Xa vos contaremos de primeira man que tal está de sabrosa a cousa!
Ler máis...
Etiquetas:
hypomyces lateritius,
lactarius deliciosus,
níscalo,
parásito
Tarrelos Online!

Estamos de noraboa, Tarrelos, a revista anual da Federación Micolóxica Galega, xa se encontra á disposición de todo o mundo na red de redes. Aínda que por agora tan só está dispoñible o número do ano pasado (nº 8), xa se está a traballar para subir os números anteriores.
Reportaxes de alto nivel, cociña fúngica, calendario de actividades, especiales coma o de Macrolepiotas, ou Psylocibe semilanceata deste número fan esta revista punto informativo imprescindible para seteiros esixentes.
Para descargar en PDF ou ver online.
Pincha AQUI para ver Tarrelos! Ler máis...
Coñece o teu inimigo...
... e coñécete a ti mesmo; en cen batallas, xamáis serás derrotado.(Sun Tzu, El Arte de la Guerra)
Vamos a presentar a un clásico no mundo dos fungos, unha das setas responsable de maior número de intoxicacións no mundo cada ano, unha amanita (unha de elas) que a todo afeccionado debe recoñecer. Como non, damas e cabaleiros, con todos vostedes, AMANITA PHALLOIDES (alias oronja verde, cacaforra, cicuta verde)!
Debemos ter en conta que nos atopamos ante unha seta moi tóxica, a inxestión de un só exemplar pode producir a morte du adulto e que é moi abundante por estos lares, polo que aprender a diferenciala é básico. A continuación deixamos unha descripción completa desta seta, que afortunadamente é bastante sinxela de diferenciar cun exame superficial.
Descripción (parcialmente extraida do libro Cogomelos de Galicia de J.M.C. Marcote, M. Pose e J.M Traba):
- Sombreiro: 6-15 cm de diámetro. Primeiro hemisférico, máis tarde cónico convexo e por último plano convexo. Cor verde oliva, verde amarelada. Cutícula separable, lisa e brillante, algo viscosa coa humidade e con finas fibrilas radiais escuras ou mouras. Ás veces presenta restos de veo en forma de placas máis ou menos grandes. Marxe incurvada, lisa e fina.
- Lamelas: Libre, apertadas e ventrudas. Brancas e ás veces con reflexos verdosos. Aresta subflocosa e concolora.
- Pé: 8-20 x 1-2 cm. Cilíndrico, delgado, máis delgado cara arriba, liso e oco coa idade. Branco ou verde amarelado, sucado por sutís fibrilas dispostas en zig, zag. Base bulbosa rodeada por unha volva membranosa, ancha, en forma de saco e branca. Anel branco, amplo e fráxil, estriado pola parte superior.
- Carne: Consistente, branca, amarelada baixo a cutícula. Primeiro inodora, máis tarde con olor a mel e na madurez bastante desagradable, sabor doce.
Entrevista na Voz de Galicia a Jaime Blanco
Aquí tedes unha entrevista a Jaime Blanco, enxeñeiro agrónomo e presidente da Asociación Brincabois, de Pontevedra, na que analiza un pouco a situación cogomélica actual. Deixamos un extracto da entrevista no que aborda o tema do polémico binomio rastrillo-cantarelos...
"Lo que pasa es que es una especie de pequeño o mediano tamaño y la gente que la recoge para vender lo hace de la forma más fácil que es la utilización de rastrillos o utensilios semejantes, con lo que consiguen juntar buenas cantidades rápidamente. Pero no se dan cuenta que el método es muy agresivo y perjudicial a corto y largo plazo, porque con esos utensilios se destruye el micelio, esos hilillos blancos que están ocultos debajo de la tierra y que pueden llegar a morir, con lo cual se va a reducir la cantidad de setas año tras año."
O resto da entrevista, ahí vos vai!
>> Ler Entrevista Ler máis...

actualidade,
entrevista,
Jaime Blanco
Benvidos a Refungando!!
Dende Ribeira, a Novena maravilla, para o mundo, a Asociación Micolóxica Refungando se presenta como resposta á necesidade de información dos numerosos afeccionados da comarca, que hasta agora nos atopábamos desamparados á hora de atopar un punto de formación e debate serio á hora de aumentar os nosos coñecementos neste apaixoante mundo que son os fungos e a natureza. O crecente número de afeccionados, a continua merma dos nosos bosques e a recollida abusiva e destructiva, fruto da ignorancia ou a avaricia, fan necesaria así mesmo unha plataforma de formación e educación que senten as bases para unha xeración de seteiros respetuosos ca natureza e o propio mundo fúngico.
Dende esta páxina web, todavía en construcción, informaremos de todas as actividades da asociación, das novidades que se den no mundo da micoloxía e, na medida do posible, tentaremos que se convirta nunha referencia máis para os aficionados da Novena á hora de solventar calquera dúbida fúngica.
Ante a inmininte constitución da Asociación, manterémovos informados dos pasos a seguir para a inscripción de socios!! Estade atentos pitufos! Ler máis...
Etiquetas:
asociación micolóxica,
micología,
micoloxía,
refungando,
setas,
seteiro,
setero
CONTACTO
Ver mapa más grande
Na dirección da imaxen da dereita podedes enviarnos as vosas dudas acerca da Asociación Refungando, suxerencias para o sitio web, ou calquer outro comentario que vos pete. Prometemos contestar a todolos vosos correos na medida do posible.Se tedes algunha duda para identificar algún cogomelo, tentaremos botarvos unha man: enviádenos unha fotografía (mellor canto máis clara, ben enfocada, e con boa resolución, non se vos ocurra usar o móvil) e miraremos se vos podemos axudar.
Un saúdo a todos; Refungando... imos polo monte! Ler máis...
MACROSCOPÍA
No estudo da morfoloxía dos cogomelos chamamos caracteres macroscópicos a aqueles observables ou apreciables a través do sentido da vista, comos son a forma, tamano, cor, contorno, aspecto xeral, etc. A través do exame visual minucioso tentaremos identificar o maior número destos caracteres para así poder comparar cas descripcións que vos encontredes en manuais ou libros especializados, para o cal será necesario coñecer un pouco, polo menos, os termos, máis utilizados.
Hai que ter en conta que estes caracteres tenden a variar ó longo do ciclo de vida do cogomelo e cas condicións ambientais durante o mesmo, polo que tamén hai que aprender a diferenciar as carácterísticas "accidentais" das propias da especie tipo. Por exemplo, podemos atoparnos con unha Amanita Muscaria cas escamas "lavadas" (desaparecidas) pola chuvia e un pouco decolorada e isto levarnos a pensar que estamos ante Amanita Caesarea. Aprender a desbotar unhas de outras é cuestión de estudar moitos cogomelos, en moitos estados, dunha misma especie. O tempo e a experiencia no monte son os mellores mestres neste caso.
Para diminuir a probabilidade de confusión, imos estudar o cogomelo fixándonos en tres zonas diferenciadas do carpóforo (cogomelo, en fino) que son: sombreiro, himenóforo e pé. A continuación poderedes ver nunha serie de debuxos dos distintos elementos observables dun cogomelo, nas distintas formas e aspectos que pode acadar e co termo utilizado para facer referencia a cada carácterística concreta baixo cada debuxo. Facendo "click" nas imaxes podedes velas ampliadas. Son as mellores que puidemos atopar, estraídas do "Manual de difusión de buenas prácticas para el desarrollo de una actividad micológica sostenible"... espero que non nos berren!

- SOMBREIRO
- HIMENÓFORO
- PÉ
- Forma xeral

- Superficie do pé

- Anel: formado con resto do veo parcial, que cubre o himenóforo nos primeiros estadios do cogomelo e que se rompe ó crecer este. Podedes ver moi ben o proceso no video de Amanita Muscaria.

- Volva: só presente en algúns Agaricales, fórmase pola ruptura do veo xeral que recubre o cogomelo como unha membrana (imaxinade un ovo do que sae o cogomelo) deixando restos na base do pé de formas diversas, a saber...

- Forma xeral
GRACIAS POR FACERTE SOCIO! REFUNGA!
A túa solicitude foi enviada!
En breve nos poremos en contacto contigo.
Graciñas!!
Cantharellus Lutescens
Ler máis...
En breve nos poremos en contacto contigo.
Graciñas!!
Cantharellus LutescensConsellos para a Recolleita
Hmmm, o cheiro a terra mollada despois de varios días sen unha gota de chuvia chega ata nós, mentres miramos ó monte e deixamos que os primeiros raios de sol que conseguen atravesar os nubarróns nos quenten un pouquiño o corpo. É o momento de prepararse para perderse na natureza, disfrutar da vida que estoupa en canto chegan as chuvias e que nos traen novas cores, paixases, e... cogomelos!
Neste artigo daremos unhas nocións básicas para unnha recolleita correcta e respetuosa dos cogomelos, e explicaremos algunhas cuestións relativas á mesma e de importancia na interacción do seteiro co mundo dos fungos.
O EQUIPO

- Navalla: iremos equipados con navalla, a poder ser con cepillo incorporado (que é máis cómodo que levar un aparte), o que nos permitirá limpar in situ as setas e libralas dos restos de terra ou area que podan arrastrar consigo; a limpeza con cepillo débese a que sempre habemos de procurar non lavar as setas, pois absorben rápidamente moita auga, feito non desexable á hora de cociñalas.
- Cesta de mimbre ou similar: non utilizaremos nunca bolsas de plástico para transportar as setas, a bolsa non deixa transpirar as setas que se estropean rápidamente no seu interior; utilizaremos cestas de mimbre, que a parte de deixar respirar as setas favorece a diseminación da espora dos cogomelos que transportamos, pois ó ir andando polo monte faremos a importante labor de abellas dos fungos ó caer a espora a través dos hocos da cesta mentres camiñamos.
- Botas impermeables: tede en conta que normalmente iredes ó monte en condicións de bastante humidade e, nestas condicións, fanse indispensables unhas botas, cómodas e impermeables, que nos manteñan os pés quentiños e secos. Non fai falla que vos diga o agradable que é andar polo monte cos pés enchoupados...
- Outro equipo, non impresindible pero sí interesante, pode ser un bastón, que nos axudará a levar ben subir e baixar por empinadas ladeiras, ou para remexer entre herbas ou matorrais sen necesidade de agocharnos a botar a man. A cámara de fotos pode ser tamén unha importante ferramenta, lúdica pero sobre todo de identificación, ó permitirnos captar imaxes de setas que nos presenten dúbidas acerca da súa clasificación e nos permite poder comentalas posteriormente con alguén que nos poida axudar. Unha lupa pode ser útil para observar características do cogomelo complicadas de distinguir a simple vista e que nos poden axudar a identificalo (coma os bordes das lamelas, por exemplo). Por último, un impermeable ou paraugas a man pode librarnos a veces dunha boa carreira/cajadura de parte dun destes chaparróns imprevistos cos que nos atopamos, o que nos atopan, millor, de vez en cando.
A RECOLLEITA
Din os que levan moitos anos nesto que o bo afeccionado ós cogomelos é coma un ninja no monte, non deixa marcas nen pistas. A súa pegada no entorno ha de ser mínima e inócua. Recolectade só as setas que coñecedes e deixade o resto, salvo interese na súa identificación; neste caso arrancaredes con coidado (ou fotografiaredes) como veremos máis adiante. Non danedes nada que non vaiades a consumir ou levar á casa. Veamos uns cantos consellos neste sentido...
Cortaremos o cogomelo pola base do pé, rexeitando sempre os exemplares máis novos (que ainda non cumlpliron a súa función reproductiva) e os máis vellos, enchoupados e enrrugados (polo noso propio ben, os cogomelos neste estado poden conter, bacterias, virus, parásitos ou sutancias químicas e tóxicas como fenol ou amoníaco, e poden facernos pasar un bo rato amarrados a taza do w.c., vos mesmos). Limpamos a seta co cepillo de terra e outros restos para evitar manchar as demáis e depositámola na cesta cas lamelas cara abaixo, para facilitar a caída de esporas.
Sempre que recollamos setas nunha zona, deixaremos uns cantos exemplares para que cumplan a súa función, non fai falla que vos diga o que pasa se arramplades con todo ó galician style ano tras ano no mesmo lugar. Despois choramos.
Rexeitar tamén consumir cogomelos recolectados na beira de estradas transitadas, cerca de vertedeiros ou similares, pois os cogomelos son capaces de asimilar e almacenar metáis pesados moi tóxicos para o home, coma plomo ou cadmio.

Nunca usaremos rastrillo na recolleita de cogomelos. ¿Porqué? O rastrillo úsase para colleitar fácilmente algún tipo de cogomelo que medra ben oculto entre as follas, principalmente Cantharellus Cibarius. O que ocorre é, aparte de que obviamente o rastrillo non distingue entre especies ou cogomelos novos ou non, que ó rabuñar na terra danamos o micelio (o corpo do fungo propiamente dito) e os primordios, os puntos do micelio, en forma de nós, que formarán co tempo novos cogomelos. O dano ó micelio é inmediato, podendo quedar ademáis exposto ó aire libre, algo que non lle vai sentar nada ben (non vive por nada baixo terra, é moi sensible ós cambios de temperatura e humidade). Acabará secando e morrendo e a producción de cogomelos se resintirá xa a curto prazo.
POLÉMICA: CORTAR VS ARRANCAR
Nos últimos anos a polémica acerca de se debemos arrancar os cogomelos ou cortalos está de moda. Os defensores de arrancar os cogomelos (sempre con moito coidado, para danar o micelio o mínimo) alegan que ó cortar a seta as bacterias causantes da putrefacción do resto do cogomelo que queda, a base da seta, poden causar tamén a infección e destrucción do micelio. Ben, ante esta afirmación podemos sinxelamente dicir que a natureza leva facendo eso mesmo durante miles de anos sen nengún problema; isto é, tódalas setas pudren in situ. Ademáis, o que é innegable é que ó arrancar o cogomelo, danamos en maior ou menor medida o micelio do fungo. Por si fora pouco, o burato deixado polo cogomelo altera as condicións de temperatura-humidade do micelio, que ademáis deixa en parte ó aire. É por iso que se debe sempre tapar o burato deixado polo cogomelo, con fin de minimizar os efectos da nosa acción na medida do posible.
Tamén é certo que a colleita de algunhas especies se presta a arrancar mellor que coller, como poden ser os Cantharellus Lutescens ou Tubaeformis, polo seu tamano, ou Marasmius Oreades, pola fibrosidade do seu pé. Nestes casos, se non hay máis remedio, arrancaremos, tomando precaución para non danar o micelio e tapando buratos (aínda que as texoiras son maná nestes casos, raramente iremos provistos delas).
Obviamente, sempre que levemos unha seta para identificar, debemos arrancar a seta enteira para un exame completo, procurando que non se rompa, xa que a forma do pe, a presencia u non de volva entre outros son ás veces indispensables para correcta e inequívoca identificación do exemplar.

Na foto anterior podedes ver claramente as consecuencias de arrancar un cogomelo. O cogomelo foi arrancado e fotografado para o seu estudio (aínda non a identificamos, así que se a recoñecedes non dubidedes en poñervos en contacto con nós!) pero a desfeita no micelio é patente. O micelio do fungo son esos finos fíos brancos (hifas) que se agrupan tomando un aspecto como de mofo, de textura algodonosa, entre a terra do pe do cogomelo, ben apreciable na foto. A pesar do coidado prestado ó arrancar a seta é inevitable arrancar con ela parte do micelio, e con él, os futuros cogomelos.
Conclusión: evitaremos sempre arrancar os cogomelos e, sempre que o fagamos, volveremos a tapar rápidamente o burato deixado.
No obstante, e para clarexar máis se cabe a cuestión, prometemos un estudo do tema máis a fondo con argumentos dos dous bandos nun artigo que publicaremos na páxina.
Boa colleita! Ler máis...

cortar vs arrancar,
recolleita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)