Confeso que teño debilidade polo fungo que hoxe traemos con nós. Cordyceps militaris no só produce fermosos cogomelos como podedes ver, senón que ademáis, como moitos irmáns de xenero, é un implacable asasino selectivo. Pero vaiamos por partes, que diría Jack o Destripador.
Para os que non coñezades nada do xénero Cordyceps, vos recomendo o video que colgamos nesta páxina hai un tempo e que podedes ver pinchando AQUÍ. Os demáis, xa deberiades saber como as gastan estes fillos da gran hifa.
O xénero Cordyceps engloba preto de 400 fungos parásitos maiormente de insectos (son, polo tanto, entomopatóxenos), ainda que tamén poden parasitar en moita menor medida oitros fungos.
A historia comeza cando as esporas destes ascomicetos suspendidas no aire entran en contacto e infectan o anfitrión (soen ser moi selectivos, cada especie de Cordyceps se especializa nunha especie determinada de insecto/fungo); máis tarde, nas condicións adecuadas, comezan a desenvolverse as hifas e a medrar o micelio que acaba alimentándose do corpo do desafortunado insecto, chuchándoo dende dentro e deixando tan só unha cáscara valeira da que brotan con fantasmais formas as incribles e variadas fructificacións destes fungos.
Así que... ¿qué hai baixo ese estrano cogomelo alaranxado que medra acochado entre os picaños dos piñeiros? Pois unha eiruga, ni máis nin menos; en concreto unha eiruga da "procesionaria dos piñeiros" (Thaumetopoea pityocampa), esa interminable praga dos nosos montes. Aínda millor dito: o que hay baixo terra é a crisálida da bolboreta; a eiruga xa levaba as esporas do fungo asasino pegadas ás velosidades do seu corpo cando se soterrou para mudar sen saber que xa estaba condeada.
Nota: Cabe lembrar que, falando das velosidades desta eiruga, estas producen fortes reacción alérxicas nas persoas e nos animais (nos cans sobre todo, pola súa afeción a cheirar e morder cousas). Incluso os urticantes peliños de exemplares mortos no chan, ou levandos polo aire, nos poden afectar e provocarnos unha mala pasada. Todo isto aparte do dano que fan ós piñeiros, xa que se alimentas dos picaños durante todo o inverno felices nos seus niños de seda, ata que chegando a primavera baixan dos piñeiros para soterrarse e mudar en bolboreta para o verán.Cordyceps militaris nos proporciona unha poderosa arma natural para acabar con esta praga. De feito xa é empleado desta forma, limitado o seu uso pola dificultade de obter o fungo. Imos xa botar un ollo á descripción detaiada dun fungo cheo de sorpresas. Pincha abaixo en leer máis para adentrarte no mundo deste compañeiro fatal da procesionaria!!
DESCRIPCIÓN

Carne: De consistencia fráxil. Sen olor nin sabor apreciables.


Falando de posibles confusións, non deberían existir debido ó seu hábitat particular e cor. Cando parasita eirugas, pode confundirse con Cordyceps gracilis, de cabeza máis redondeada e cor parda amarelada. Ás veces aparece sobre crisálidas de bolboretas unha forma conidióxena (asexual) e abrancazada (Isaria farinosa) semellante a unha ramaria e que algúns autores asocian con Cordyceps militaris.

Como todo ser vivo na natureza, os fungos deste xénero cumpren unha labor e ocupan un posto no plan universal da natureza, neste caso, e como puidestedes observar tamén no video, o control poboacional. Se algúnha poboación das especies afectadas por este fungo experimentara pola causa que fora (medio ambiental, exceso de alimento, desaparición de depredadores naturais,...) un rápido crecemento no tempo, o fungo competente se encargaría inmediatamente de volver equilibrar a balanza, xa que cantos máis especímenes infectados anden pululando pola fraga, maior será a dispersión das esporas/infección e máis sufrirá esa poboación os seus efectos.
Existen tamén aplicacións médicas deste xénero de fungos, capaces de producir biomoléculas de intersantísimas propiedades biolóxicas. A sustancia chamada cordicepina, extraida de varias especies do xénero, entre elas Cordyceps militaris, era coñecida xa dende os anos 50 pero que agora se está a poñer de moda como prometedor fármaco na loita contra o cancro pola súa habilidade en baixas dosis para impedir a replicación das células canceríxenas e, en altas dosis, para impedir a súa asociación. Os resultados deste estudio sairon á luz a finais do ano 2009 da man dun grupo de investigadores da Universidade de Nottingham.
Por último, como curiosidade, deixarémosvos por aquí un enlace a unha páxina web con varias fotografías de distintas especies de Cordyceps, para que vos fagades unha idea da variabilidade e riqueza de formas e cores destes implacables controladores de pragas:
http://www.utexas.edu/courses/zoo384l/sirena/species/fungi/
Esperamos que vos gustara este artigo, podedes estar seguros que non vai ser a última vez que oiades falar por aquí dos Cordyceps e as súas peculiaridades.
Un saúdo a todos, e non vos olvidedes de refungar tódolos días polo menos media hora, que aumenta a espectativa de vida nun tropecentos por cen!
Vaiaaa, eu tiven que estudar a procesionaria e parece mentira que ningún profesor me falase destas opcións.
ResponderEliminarGustoucheme moito este post (e o video do enlace!), vai ser verdade que a realidade sempre supera á ficción!
Eva
Hola Eva! Pois xa sabes, se coñeces algún piñeiral no que haxa procesionaria, podes agora atopar este fungo, que é cando fructifica. Paga a pena.
ResponderEliminarUn consello: leva lupa se os queres ver ben, son moi pequenos.
Anímate e nos contas!
abreuse a veda... agora haber que atopa un insecto parasitado con cordyceps
ResponderEliminarahi vos deixo o reto jejejeje