As dúas imaxes da esquerda corresponden con un cultivo de Gliocadium Rosaceum e unha imaxe vista ó microscopio electrónico coloreada, repectivamente, deste fungo endofito. Fai non moito falabamos de pasada dos endofitos (ver AQUÍ), hoxe imos coñecer unha aplicación real das propiedades dun destes fungos que viven "dentro" (si, si, dentro) das prantas.
Gliocadium Rosaceum foi descuberto polo microbiólogo norteamericano da Universidade de Montana Gary Strobel nunha das súas expedicións na busca de novos fungos polo mundo adiante. Co seu inseparable gorro ó "Custeau" e que lle serve o mesmo para cubrirse do sol que para recoller as mostras vexetais das que máis tarde extraerán os endofitos presentes, mr. Strobel ten ás súas espaldas varios importantes descobrementos, non por nada a afamada revista Forbes se refería nun artigo acertadamente a él coma o "Indianas Jones of fungus hunters" (o Indiana Jones dos cazadores de fungos). O presente hachado de Indiana Strobel produciuse na Patagonia, asociado a unha árbore típica chamada ulmo (Eucryphia cordifolia), e a nova saltou ós medios alá en 2008. Hoxe, un documental nos trae de novo o acontecemento á actualidade.
A cousa é que este fungo é capaz de metabolizar unha serie de hidrocarburos presentes no combustible diesel directamente a partir de celulosa, o que abre a porta para unha futura producción industrial de biocombustible (mico-diesel, como da en chamar o investigador). A cousa está todavía en pañais, quedan por facer moitas investigacións sobre rendemento e milloras de cara á producción industrial, pero o noso amigo Gary xa ten patentada a cousa por si acaso; aquí o que non corre...
O millor é que él mesmo nos conte algunhas cousas deste fungo, como poderedes ver no seguinte video, fragmento do recomendable documental "Maravillas Modernas: Hongos" e que trata precisamente da obtención de biocombustibles a partir dalgunhas especies de fungos. Adiante mr. Strobel, refungue vostede...
Mico-Diesel da man de Gliocladium roseum
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario