A fotografía de portada é a gañadora do segundo premio dos VII Premios Fotociencia 2009, que conceden o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), uns premios que pretenden achegar á sociedade estas complicadas cousas científicas.
Pero, ¿qué estamos a ver? Pois unha pequena mostra en cultivos de laboratorio das máis de 114 especies (preto do 10%, novas para a ciencia) de endofitos detectadas por María Salud Sánchez e Íñigo Zabaldecoa nun estudio sobre a gramíniea Dactylis Glomerata, moi común na península (tédela na imaxe á esquerda e estades ata as narices de vela).
¿Endo qué? Endofitos: un tipo de fungos que viven no interior de plantas, xeralmente en talos e follas, pero que lonxe de provocarlles mal algún, parece que lles botan unha boa man. Os endofitos confiren unha maior resistencia contra insectos, nemátodos (diminutos vermes) e bacterias; tamén parece ser que poderían axudar ás plantas producindo sustancias tóxicas que as fagan pouco apetecibles ós herbívoros.
Pois nada, a nosa noraboa ós gañadores pola fermosa composición da fotografía e os novos descubrimentos que nos axudan ademáis a achegarnos a este grupo de fungos tan curiosos, os endofitos!
Mosaico Fúnxico de Endofitos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi bonitos esos endofitos!! Que incrible variedade.
ResponderEliminar