Leotia Lubrica

Aínda que vai un frío estos días que caen os paxariños, dende Refungando vos animamos igualmente a subir ó monte, ben abrigados, eso sí, porque o monte sempre ten algo para nós, sexa a estación que sexa. Pode non ser a mellor época para atopar os cogomelos máis deliciosos, pero sempre haberá algo para regalar os sentidos na forma dos cogomelos máis fermosos e curiosos. Como o noso pequeno amigo de hoxe, un amante da humidade abundante, pequeno e escurridizo boina verde dos chans de ricas alfombras de musgo e brión que moitas veces pasa diante nosa sen decatarnos. Jardade as navallas, que non é velenoso, pero tampouco aporta nada á gastronomía fúnxica, como a maioría dos cogomelos. É un cogomelo para ver de preto e sorprenderse coa consistencia xelatinosa da súa carne. Un regaliño deste inverno que chega a vos gracias á colaboración do amigo e fotógrafo afecionado Ignacio Zaera, ó que xa lle mandaremos unha boa caixa de cogomelos se se segue portando así de ben, claro está.

Veña lo, imos botar un ollo coma sempre a descripción detallada deste cogomelo, sempre co "Cogomelos de Galicia" coma referencia; ¿xa o pedistedes ós reis? Pinchade abaixo lo...



Corpo frutífero: 2-5 cm de alto, formado por un sombreiro xelatinoso de 1 cm de diámetro, máis ou menos redondeado, lobulado, umbilicado no centro, coa marxe enrolada e algo viscosa. Cor amarela oliva que oscurece ó madurar (o que fai que xunto co seu pequeno tamano pasen moitas veces desapercibidos). Pé longo (a maior parte do pé, na imaxe da dereita, está tapada polo mantillo vexetal), separado do sombreiro por un suco, fistuloso, sucado lonxitudinalmente e furfuráceo (lixeiramente "escamado").

Carne: xelatinosa e amarela, sen olor nen sabor apreciables. Gardade a vaixela.

Hábitat: xeralmente cespolosa (que medra en ramilletes), en grupos numerosos. En bosques húmidos, prados anegados e zonas de brión (esa especie de musguiño groso e espeso como o da fotografía). Xeralmente en outono, aínda que preto da costa o podemos atopar ata ben entrado o inverno. Non é moi frecuente e é moi doado pasalo por alto polo que xa antes comentamos, a súa cor e o seu pequeno tamano.

Observacións: Leotia Lubrica pertence ó grupo dos ascomicetos (coma as Morchellas ou Pezizas, por citar alguns xéneros coñecidos), é unha especie saprófita e terrícola (non medra en madeira). O nome da especie, Lubrica (lubricada), fai referencia á consistencia xelatinosa característica deste cogomelo. Fácil de recoñecer sobre o terreo e, ainda que podería haber algunha confusión, sempre pode habela, sería moi raro confundirse, pois non posúe lamelas, nin nervaduras como os Cantharellus que si posuen as posibles confusións con Lubrica.

Así que xa sabedes, o monte segue activo, ainda que menos. Non deixedes pasar a oportunidade de subir un destos días e sorprendervos co que toque. Aquí esperamos as vosas fotos. Claro, Refungando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails