Encaramado á pedra: Fuligo Septica

Esa masa amarela que cubre a parte superior desta rocha é o protagonista desta entrada, e non, non é un fungo, a lo menos dun tempo a esta parte. Se tivestes a oportunidade de ler o artigo sobre o Stemonites (facede click para ir a él) xa sabedes que os Mixomicetos, debido ás súas peculiaridades biolóxicas, aínda que antigamente se estudaban encadrados no Reino Fungi, hoxe en día conforman un mundo aparte. Esto non quita que sigan a ser obxecto de estudo por parte dos micólogos, por suposto. Recordemos as súas características básicas a grosso modo: se alimentan por fagocitose e o seu "corpo", en lugar de estar formado por micelio coma nos fungos, está composto por unha masa protoplasmática mucilaxinosa chamada plasmodio e que se move polo substrato (xeralmente madeira en descomposición, pero a estes vailles de todo). En Fuligo Septica este movemento é perceptible porque o plasmodio vai deixando un rastro nacarado chamado hipotalo (na imaxe non se aprecia demasiado ben, pero fixádevos que nos límites da mancha amarela se aprecian unha sorte de mucosidade seca blanquecina que se perde no fondo desenfocado) similar ó que deixan lesmas e caracois. Pareceume moi curioso velo ahí encaramado á pedra; semella que anda a mirar para donde ir: "Hey, aquel tronco podre dalí abaixo ten unha pinta exquisita! Fungo o último!". En fin, antes de que se nos vaia a cabesa, imos ver unha lixeira descripción deste chamativo ex-fungo...

DESCRIPCIÓN

Corpo Fructífero: 4-15 cm de lonxitude (diámetro é máis exacto) por 1-3 cm de espesor. Masa mucilaxinosa de forma moi variable, que se adapta ao substrato sobre o que está unida directamente. Xeralmente de cor amarela viva, máis tarde vólvese sólida, formando unha cotra de cor parda cunha membrana moi fráxil e fina que envolve a masa esporal.

Hábitat: medra sobre madeira morta, herbas e outros restos vexetais (no noso caso, o musgo que recorre a pedra) como, follas, poliñas, etc. Primavera e outono. Moi frecuente.

Bueno rapaces, como non hai dous sen tres, veremos no futuro máis mixomicetos, esos pequenos e curiosos mocos que ás veces atopamos pululando polos tocóns e ramas podres.
Xa sabedes que se tedes algunha inquietude acerca dalgún cogomelo en particular, só tedes que refungar e pedilo. Un saúdo a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails