Un clásico dos nosos montes: Gymnopilus junonius

Sinónimo: Gymnopilus spectabilis, Pholiota spectabilis
Galego: cogomelo da risa, foliota dos piñeiros

Castelán: hongo de la risa


Sí amigos, hoxe toca descripción. E o cogomelo elixido esta vez e todo un clásico dos montes barbanzanos, abundante, difícil de ignorar, e que precisamente por iso é un fixo nas cestas que seteiros principiantes te traen para identificar.

Todo un fixo cada outono da nosa zona, pola abundancia de piñeirais e eucaliptais que proporcionan cantidade de tocóns dispoñibles para acomodarse.

Difícil de ignorar polo seu gran tamano, as súas vistosas cores vivas, e atendencia que ten a medrar de forma cespitosa, en ramilletes, que o fan visible no monte a gran distancia.

Por todo o anterior, tódolos anos aparecen varias persoas que xa se ven cos numerosos e robustos exemplares na tixola, por eso hoxe imos a coñecer un cogomelo que, a parte de ser moi sinxelo de atopar, é tamén moi sinxelo de identificar. Con un plus. As características tan rechamantes de Gymnopilus junonius (de Gymn espida, e Juno, deusa romana muller de Xúpiter) fan del un modelo micolóxico perfecto para o afecionado á fotografía do Reino Fungi compoñendo fermosísimos cadros de cogomelos.

Nos deixamos algo. Unha característica que lle vale o nome inglés de laughin Jim ("Jim o sorinte". Xogo de palabras entre gym de gymnopilus e o nome propio Jim, que se pronuncian igual en inglés) ou o de waitake (en xaponés, fungo da risa). E por se acaso o nome no é suficientemente suxerinte, vos aclaro que si, este cogomelo contén pequenas cantidades de psilocibina entre oitras. Pero non botedes os sombreiros ó aire todavía e soltada a navalla e a cesta. Máis adiante trataremos esta cuestión máis en profundidade. Agora xa sabes o que tes que facer para seguir lendo este artigo ca descripción comentada por Refungando e extraida de "Cogomelos de Galicia": pincha abaixo en ler máis.


DESCRIPCIÓN

Sombreiro:5-15 cm de diámetro. Moi carnoso, primeiro hemisférico, loco convexo e ó final aplanado. Pardo amarelado, amarelo leonado ou alaranxado, sempre con tons vivos. As cores poden variar moito dependendo do enchoupado ou seco que esté o cogomelo como veredes nas imaxes deste artigo: dende un amarelo ocráceo case dourado, ata un laranxa escuro parecido ó dos níscalos. A cutícula seca, non higrófana, cuberta definas escamas ou fibrilas de cor parda alaranxada. Marxe involuta e non estriada.

Lamelas: Estreitas, redondeadas, moi apuntadas, adanadas e subdecorrentes por un dente. Amareladas e pardo ferruxentas ao madurar as esporas, como no exemplar da imaxe de abaixo.

Pé: 6-15 x 1,5-3 com. Robusto, cheo, claviforme, a menudo ventrudo e algo atenuado no alto. Concolor ou máis amarelado, sobre todo baixo as lamelas. Superficie fariñenta pruinosa, fibrilosa escamuda no resto, ás veces lisa. Anel alto, concolor e membranoso que a miúdo deixa restos na marxe do sombreiro.

Carne: Grosa, firme e amarelada. Olor leñoso non agradable e sabor amargo.

Hábitat: Crece preferentemente en tocos de coníferas ( ainda que por aquí é frecuente velo en tocóns de eucalipto), tamén en planifolios. Na base dos troncos de árbores mortas. Cespitoso. Verán e outono. Frecuente.

Observacións: Estamos ante un cogomelo que acada grandes dimensións, polo que non debería ser confundido con oitro con facilidade. A súa cor, hábitat e porte robusto fanno sinxelo de recoñecer.

Sobre a cuestión da comestibilidade, aparte efectos alúcinóxenos hai que dicir que a carne é extremadamente amarga, o cal xa de por si xa o deixaría fora da cociña. Logo está a cuestión que xa adiantamos dos efectos psicotrópicos dos que algúns tanto gustan. Gymnopilus junonius contén psilocibina e psilocina, dúas sustancias alucinóxenas que poden provocar síntomas similares a unha borrachera e alteracións da percepción. Pero hai un pero: os exemplares atopados en Asia e na costa este de EEUU, parecen conter máis cantidade de estas sustancias que os atopados en Europa e na costa oeste de EEUU. Algúns autores diferencian a Gymnopilus spectabilis de Gymnopilus junonius como especies separadas; se así fose, esta distinta concentración de psicotrópicos podería estar ligada a distintas especies ou subespecies e non a particularidades dos distintos hábitats. En todo caso, e ante a falla de estudios serios sobre a súa comestibilidade (que descarten efectos adversos no organismo debido a outras sutancias que o cogomelo puidera conter), debemos catalogar este cogomelo coma tóxico e deixalo para as nosas fotos, isto a pesar de que os xaponeses viaxen a bordo deste cogomelo dende antigo.

En próximos días iremos vendo máis cogomelos, algún fáciles de recoñecer e ver, coma o protagonista de hoxe, oitros, un pouco máis raros. En todo caso, seguide sintonzando con Refungando para compartir con nós andanzas, curiosidades e a beleza do Reino Fungui.

¿Estades a ser bos no monte? Así me gusta...

3 comentarios:

  1. ¿Alguén podería comentar as diferencias máis importantes para non confundila coa Armilariella Mellea?

    ResponderEliminar
  2. Hola Manel! Uf, son moitas. Estes dous cogomelos non se parecen máis que no feito de que medran de forma cespitosa e en tocóns de árbores mortas. Non se semellan nin na cor, nin na ornamentación do sombreiro, nin no tamano ( MOITO máis grande e robusto en Gymnopilus junonius).

    Mira, penso que a millor maneira de que o vexas é que adiquemos a ese fermoso cogomelo, Armillaria mellea (tamén se pode chamar como escribes ti, son sinónimos), o próximo artigo monográfico. Dame un par de días. ¿Te parece?

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. OK Funguiño, eres un crack. Saudos dende Noia

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails