Os cafres tamén van ó monte

Si amigos, os cafres tamén van ó monte, ainda que ben podían quedar na casa e queimar os pelos do cú cun soplete industrial.

Xa cantou a gorda, micolóxicamente falando, e a tempada para a maioría de afeccionados xa rematou. Hora de facer algún que oitro balance, coma o de hoxe, que irá dirixido ó comportamento no monte e que non será o último análisis que fagamos dende Refungando da tempada 2010. Hoxe toca refungar.

As imaxes como as que vedes neste mosaico que nos enviou indignado o amigo Elisardo foron, este ano, un clásico nos nosos montes. Estas en concreto foron tomadas nun dos lugares máis castigados do Barbanza, A Curota, que, logo de ter que pasar por incendios sen fin e talas que o convertiron nun lugar ermo, ten que lidiar agora con garrulos de todo tipo que suben ó monte día si e día tamén a facer das súas. Ainda que este comportamento, por suposto, non afecta só a este monte que, pola masificación de xente que soporta, amosa os estragos máis claros e visibles, coma puñadas nos ollos.

Imos a contarvos un segrediño ós responsables: os cogomelos, por debaixo, non teñen unha etiqueta co nome. Exacto amigos. Da igual que o pateedes, o arrinquedes, lle deades a volta, o esganedes... non vos vai a dicir a especie á que pertence ou se se comen. Son así de duros e resistentes ós interrogatorios. Digo isto porque, e valla a redundancia, ¿a qué carallo ven isto? Porque a ninguén se lle ocorre ir esmagando toda canta flor, arbusto ou bicho co que se atopa por ahí adiante. Pero cando se trata de cogomelos, semella que todo vale, son os parias do monte. Lembrade que todo cogomelo, comestible ou tóxico, grande ou pequeno, bonito ou feo, é o froito dun fungo que cumpre unha importante función nos nosos ecosistemas e maldito o favor que lle facedes a ninguén pasando como apisonadoras polo monte.

Desgraciadamente esta é a estampa típica de calquer lugar frecuentado por caza-cogomelos. Unha estampa que non estaría de máis erradicar dos nosos montes. Dende aquí, para que nos escoite e teña a ben facernos caso, vos pregamos que deixedes estar aqueles cogomelos que descoñezades e que non deixedes de chamar a atención (coa maior educación) a quen se comporte desta maneira no campo, para que todos podamos desfrutar da beleza da que os cogomelos enchen os montes coa sua presencia.

¿Non preferides atoparvos con imaxes como a seguinte (tomada no mesmo lugar), que a desfeita de ahí arriba? Cousas coma esta quítanlle a un as ganas de organizar máis xornadas micolóxicas. Un pouco de sentidiño, por favor.

4 comentarios:

  1. Non era sin tempo, xa pensaba que non che habia chegado a foto amigo Funguiño
    saudos

    ResponderEliminar
  2. Hola Justisiero! A verdade é que simplemente gardei a imaxe cando ma mandaches e logo non a atopaba... ata antonte. Graciñas.

    Vémonos!

    ResponderEliminar
  3. Está claro que iso non se debe facer,pero non sei ca será peor,si a desfeita das fotos de arriba (que polo menos os carpóforos quedan no monte e poden soltar esporas),ou arramblar con todo como nas fotos que mostro a continuación (niscalines e caixas cheas de champis)

    http://4.bp.blogspot.com/_NuV_XbWvEqA/TK-1zAdreMI/AAAAAAAAAKs/Uk0aIQiG7Qg/s400/02102010_006.jpg

    http://2.bp.blogspot.com/_NuV_XbWvEqA/TK-3NODXNXI/AAAAAAAAAKw/h51wAHeijWU/s400/08102010_004.jpg

    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Te entendo anónimo. Vaia por diante que penso que hoxe en día o problema máis grande dos cogomelos é a recollida abusiva. A xente colle por norma máis cogomelos dos que poden consumir (de feito, TODOS os que poden..). Este anos nos atopamos con varias persoas incluso, que fartas xa de cogomelos, seguían indo ó monte a recoller máis co problema que logo lles supoña "colocalos" entre familiares e amigos. É o que hai, a xente non sabe disfrutar dos cogomelos se non é vendo unha cesta, ou dús ou tres, cheas. Hai que cambiar isto.

    Persoalmente penso que a millor maneira de cazar un cogomelo é con unha cámara fotográfica, e captar así toda a súa beleza. Sempre o terás ahí para velo e estudialo ou colgalo na túa casa, pero a xente pensa máis que un é millor seteiro cantos máis kilos apaña; lamentable pero... eche o que hai.

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails