Fotografía: Dr. Bao-Kai Cui
Pregunta de Trivial Micolóxico: ¿Cal é o cogomelo máis grande do mundo mundial? Seguro que á maioría vos pillaba a todos nun renuncio con esta cuestión. Non estamos a falar do fungo en si, ollo, senón do cogomelo. Pero tranquilos, hoxe en Refungando imos a desvelar a resposta para que sexades a envexa das vosas tertulias micolóxicas.
O cogomelo en cuestión foi localizado por vez primeira en 2010 por
Bao-Kai Cui e
Yu-Cheng Dai, investigadores da Academia de Ciencias China, na illa de
Hainan (China), non foi ata este ano que os seus descubridores fixeron público o hachado na revista
Fungal Biology deste setembro.

O carpóforo, que medraba baixo o tronco dun carballo (como podedes observar na imaxe que abre o artigo; o carbollo era
Quercus asymetrica) pertence á especie
Fomitiporia ellipsoidea, un polyporal (co himenio formado por poros) da familia
Hymenochaetaceae, perenne e co sombreiro xeralmente resupinado, isto é, que medra ca parte superior do sombreiro pegada ó sustrato no que se desenvolve, neste caso a superficie do tronco morto.
O amigo chino ten un tamano de algo máis de
10 m de longo por
80 cm de ancho e entre
400 e
500 kg de peso. Os investigadores estiman a súa idade nuns
20 anos. Na imaxe da esquerda podedes ver ó profesor Yu-Cheng Dai con varios fragmentos do cogomelo descuberto.
O anterior record, tamén en mans doitro polyporal, tiñao unha frutificación de
Rigidoporus ulmarius descuberto en 2003 nos Reais Xardíns Botánicos de Kew (Inglaterra), cunhas medidas de 150 x 133 cm e unha circunferencia de 425 cm. Desgraciadamente, este cogomelo finalmente sucumbiu cando uns raposos fixeron a súa madrigueira baixo el. Nalgún lado tiñan que facer o seu duplex.
Agora xa sabedes a resposta: o cogomelo máis grande do mundo a día de hoxe é un exemplar de
Fomitiporia ellipsoidea atopado na illa de Hainan, en China. Coma conta o dito: nunca te deitarás...
Ler máis...