O incrible Hulk dos cogomelos

Antes de que preguntedes, non, non hai photoshop. E si, seguimos cas novas chegadas do sudeste asiático, desta vez, de Vietnam, da provincia de Binh Duong. A besta parda O cogomelo que ten nas súas man este home serviría perfectamente para que os pitufos se fixeran unha torre de oficinas. Se trata dun exemplar excepcionalmente grande de Macrocybe crassa (ou nam da lon, cogomelo de pel de porco, como o coñecen os locáis).

Cando a súa descubridora, Truong Anh Dao (na imaxe da esquerda, pousando co cogomelo, que é o do medio da foto), o atopou este 6 de xuño nunha vella fábrica de ladrillos preto da súa casa mentres paseaba coa súa irmá asomando entre os arbustos, pensou que se trataba dun sombreiro típico da zona. A sorpresa foi máxima cando lle botou a man e se atopou co adramán da imaxe, que se resistía ademáis a ser arrincado (calquera lle mete a navalla ademáis, a non ser que teñades unha boa albaceteña de tres cuartas).

O bicho mediu 50 cm de alto, cun sombreiro duns 40 de diámetro e pesa arredor de 3,5 kilos. Ahí é nada.

Por certo, o cogomelo en cuestión é comestible e, pola imaxe no que pousan co amigo na bandexa, podemos imaxinarnos cal foi o seu destino: dar de comer a medio pobo; ou pobo enteiro.

Mentres, na nosta terra, nos atopamos con cómicas novas como esta:

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/09/05/0003_201109P5C3995.htm

¡Guau! ¡Endexamáis vira nada así! (Modo ironía ON).

6 comentarios:

  1. Jojojo, pon a foto do boleto de hoxe

    ResponderEliminar
  2. @Conchi:

    ja, ja, ja. ¿Como o facemos Conchi? ¿Recheo de polo e así como está ó forno?

    @Germán:

    Millor non que ijual saimos na Vos de Jalisia...

    ResponderEliminar
  3. A ver que outras "perliñas" nos ofrece La voz de Galicia en este outono... Preguntarémoslee a aquel que ten máis de 30 anos de experiencia ás súas costas... jaja....

    ResponderEliminar
  4. Hola Agus! Pois xa hai tres ou catro perliñas desas. Próximamente veremos nestas páxinas ó rarísimo Cyathus striatus... Ejem... Xa me entendes.

    ResponderEliminar
  5. Esa tamen é rara,sobre todo á beira dos ríos,jajaja... Estaremos atentos...

    ResponderEliminar

Related Posts with Thumbnails