Fotografía: Dr. Bao-Kai Cui
Pregunta de Trivial Micolóxico: ¿Cal é o cogomelo máis grande do mundo mundial? Seguro que á maioría vos pillaba a todos nun renuncio con esta cuestión. Non estamos a falar do fungo en si, ollo, senón do cogomelo. Pero tranquilos, hoxe en Refungando imos a desvelar a resposta para que sexades a envexa das vosas tertulias micolóxicas.
O cogomelo en cuestión foi localizado por vez primeira en 2010 por Bao-Kai Cui e Yu-Cheng Dai, investigadores da Academia de Ciencias China, na illa de Hainan (China), non foi ata este ano que os seus descubridores fixeron público o hachado na revista Fungal Biology deste setembro.
O carpóforo, que medraba baixo o tronco dun carballo (como podedes observar na imaxe que abre o artigo; o carbollo era Quercus asymetrica) pertence á especie Fomitiporia ellipsoidea, un polyporal (co himenio formado por poros) da familia Hymenochaetaceae, perenne e co sombreiro xeralmente resupinado, isto é, que medra ca parte superior do sombreiro pegada ó sustrato no que se desenvolve, neste caso a superficie do tronco morto.
O amigo chino ten un tamano de algo máis de 10 m de longo por 80 cm de ancho e entre 400 e 500 kg de peso. Os investigadores estiman a súa idade nuns 20 anos. Na imaxe da esquerda podedes ver ó profesor Yu-Cheng Dai con varios fragmentos do cogomelo descuberto.
O anterior record, tamén en mans doitro polyporal, tiñao unha frutificación de Rigidoporus ulmarius descuberto en 2003 nos Reais Xardíns Botánicos de Kew (Inglaterra), cunhas medidas de 150 x 133 cm e unha circunferencia de 425 cm. Desgraciadamente, este cogomelo finalmente sucumbiu cando uns raposos fixeron a súa madrigueira baixo el. Nalgún lado tiñan que facer o seu duplex.
Agora xa sabedes a resposta: o cogomelo máis grande do mundo a día de hoxe é un exemplar de Fomitiporia ellipsoidea atopado na illa de Hainan, en China. Coma conta o dito: nunca te deitarás...
Atopado o cogomelo máis grande do mundo en China
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ainda que grande e difícil de ver o condenado...
ResponderEliminarPensa que a maioría do cogomelo non se ve na foto. Ademáis, estes cogomelos, pola súa tendencia a medrar resupinados, poden pasar, pasan como ves, moi desapercibidos.
ResponderEliminar