Coma o pasado ano, os máis madrugadores das asociacións micolóxicas galegas son os amigos de Estrada Micolóxica, que non nos dan tempo nin a quitar o bronceador da mochila.
Como o ano pasado tamén, vos avisamos un "pouco" xustos de tempo, porque as primeiras charlas comezan ¡hoxe!
Así que sacade folios e lapis para tomar apuntes, e todos a clase. Nunca nos cansaremos de dicir, hasta darvos janas de vomitar do noxo, que por moito que creades saber, sempre aprenderedes algo novo, correxiredes erros conceptuáis e vos sumerxiredes un pouco máis no apaixoante Reino Fungi. Daredes uns pasiños máis neste camiño sen fin que é o de coñecer os cogomelos.
Este ano, ademáis, as charlas non teñen ningún desperdicio. Así aprenderedes o importante papel das micorrizas nos fungos e nas nosas fragas, a incrible riqueza micolóxica das nosas paixases dunares, o perigo da contaminación con metais pesados nos cogomelos, as novas especies descritas nos últimos anos para Galicia ou a identificación e historia dos usos dos "peidos de lobo" ó longo da historia. Un cóctel fúnxico a mar de nutritivo para o cranio.
Así que, sen máis, se da o pistoletazo de saída da temporada micolóxico-educativa cas actividades de Estrada Micolóxica, que podedes consultar no cartel do artigo ou aquí mesmo baixo estas liñas.
¡Xente ás leiras!
Saídas: Dende a praza do concello, ás 9:00 da mañá...
- 8 e 22 de Outubro
- 12 e 26 de Novembro
- 3 e 17 de Decembro
- 09/09 : Antonio Rodríguez González, "Boletales y micorrizas"
- 23/09: J. M. Castro Marcote, "Cogomelos dos ecosistemas dunares"
- 7/10: Julián Alonso, "Contaminación nos cogomelos"
- 21/10: Jaime Blanco Dios, "Nuevas especies para Galicia"
- 19/11: José María Costa, "Etnomicoloxía (Gasteromicetes)"
Hai un erro nas datas de novembro, son os sábados 12 e 26.
ResponderEliminarE a clausura das charlas será o 19 de novembro:
José María Costa, "Etnomicoloxía (Gasteromicetes)"
Ok, correxido. Graciñas por avisar!
ResponderEliminar