III Outono Micolóxico NEGREIRA 2011

A Asociación Micolóxica Sendeiriña de Negreira xa ten todo o micelio listo para as súas xornadas micolóxicas deste ano (e tanto, como que as súas actividades comezaban onte; desculpade o retraso rapaces).

Así que, amigos micófilos de Negreira e arredores, tomade boa e micolóxica nota das actividades que poderedes disfrutar este ano e procurade facer bo o dito: "Nunca te deitarás sen coñecer un cogomelo máis". ¡¡Marchando unha de programa micolóxico!!!

EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN:
Domingo día 23 de outubro.

Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:
Luns día 24 de Outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.
Sábado día 22 de outubro. Saída de diante do quiosco de Negreira ás 9:30. Consultar máis saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA
Venres 4 de novembro. Julián Alonso: "Propiedades medicinais dos cogomelos".

CONFERENCIA

Xoves 10 de novembro. Jaime Blanco Dios: "Principais cogomelos comestibles e velenosos".

LUNS MICOLÓXICOS:
Luns 17 e 24 de outubro. Asesoramento e identificación de especies aberto ó público. De 20:00 a 21:00 no Local da Asociación, na Casa de Cultura de Negreira.

ACTUALIZACIÓN:
"Aínda que intentamos ser optimistas, a realidade manda, e a realidade é que todo está tan seco que é imposible que para o próximo domingo atopemos algo que expoñer.

Polo tanto ADÍANSE AS DÚAS EXPOSICIÓNS DE SENDEIRIÑA, previstas para o domingo 23 e o luns 24. E adíase tamén a saída do sábado 22.

As novas datas, para as que esperamos poder contar coa axuda das altas instancias metereolóxicas son os días 13 e 14 de novembro co mesmo horario e lugares. A saída para a preparación da exposición será polo tanto o 12 de novembro."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails